Normalización lingüística

NADAL EN GALEGO

O EDLG participou na elaboración de adornos para a árbore do centro. O resultado foi espectacular.

No taboleiro expuxéronse poemas de autores galegos que teñen como tema o Nadal.

Visitounos o Apalpador e deixou tres agasallos para aqueles alumnos que atinasen coa solución dunha adiviña. Velaquí os gañadores.

Parabéns!!!!

HERBARIO 3º ESO B e C

Os alumnos de Lingua Galega de 3º ESO B e C  realizaron un HERBARIO, seguindo as instrucións da súa profesora, Carmen.

Recolleron as plantas, investigaron os seus nomes , os seus usos e aplicacións e engadiron unha foto ou imaxe.

O resultado foron estes traballos tan feitos.

Un xeito de aprender diferente e ben divertido!!!!

SAMAÍN

No mes de Santos celebramos o Samaín con varias actividades. Expuxemos portadas de libros de medo , seres da tradición galega que asustan e aprendemos vocabulario relacionado co tema.

Os alumnos tamén axudaron a descubrir a unha profe asasina e participaron nun concurso de Microrrelatos de terror.

As gañadoras do concurso de microrrelatos foron CARMEN MUÑOZ, 2º eso C, ALDARA BALTAR, 4º eso B e Carlota Meralles, 2º Bac B

A detective que resolveu o crime foi Adriana de la Torre, 3º eso C

Parabéns a todas!

Preme nas imaxes para velas a pantalla completa

                                 foto1  foto 2  foto3  foto4                     

                   foto6   foto5   foto7

Programación 2021-2022

Blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Xesús Ferro Couselo

Lembrade que no blog podedes ver toda a información sobre as actividades do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Xesús Ferro Couselo.

Preme no enlace http://laboresvarios.blogspot.com/

Calendario escolar IES FERRO COUSELO Curso 2023-24

Xa se pode ver no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) o calendario deste curso elaborado polo EDLG do IES Ferro Couselo. Desta volta vai dedicado a Luísa Villalta, Letras Galegas 2024 .

Podedes velo na seguinte ligazón: 

https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-galega/novidades/_/contido_2127/calendario-alumnado 

 

ou na web do centro.

VISITA DO C.P.I. DE MONDARIZ

 

II INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL SOBRE O TERMALISMO

 


O pasado día 30 de maio recibimos no instituto aos colegas e alumnado de 1ºESO do CPI de Mondariz. A expectación era moita; os nervios, os habituais. Para non entorpecer o desenvolvemento das clases, ensinámoslles o centro nunha presentación de Power-point. Tamén o percorrido que iamos facer e as fotos de balnearios da provincia. A moitos alumnos/as sorprendeulles que houbese tantos, pero por iso a nosa provincia é tan coñecida entre os amantes do termalismo.


Temerosos ante o prognóstico de chuvia, finalmente este non se cumpriu, o que por unha vez nos aledou. Os baños nas pozas de Canedo-Outariz foron abondosos e a experiencia, moi positiva.

Aquí nos vedes nesta xornada inesquecible.

 

 

 





ATA O VINDEIRO DÍA 20 DE XUÑO,

QUE IREMOS A MONDARIZ!

 


O NOSO BLOGUE

PODEDES VER AS ACTIVIDADES E FACER COMENTARIOS

NO BLOGUE DO EDLG.


http://laboresvarios.blogspot.com/2011/05/arredor-de-lois-pereiro.html

 

Aquí podedes ver o vídeo da obra teatral sobre a vida de Lois Pereiro que representaron alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO.

VÍDEO "AS TERMAS". ALUMNADO 1º ESO A

VÍDEO ELABORADO POLO ALUMNADO DE 1º ESO A

CO GALLO DO INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO-CULTURAL

CO CPI DE MONDARIZ (PONTEVEDRA)

 

 

ELENCO:

David Álvarez Faílde

Héctor Fernández Falcón

Marcos García Fernández

Gabriel González Carbajo

Xoel Iglesias Garrido

Bárbara Muñiz Martínez

Brayan Nespereira Pérez

Paula Nóvoa Pires

Claudia Silva Bilhoto

Rodrigo Torres Carbonero

Julio Varela Carvalho

Distribuir contido