Educación Física

XOGOS OLÍMPICOS COVID-19 - OURENSE

XOGOS OLÍMPICOS

COVID-19 - OURENSE

 

O Departamento de Educación física do IES Xesús Ferro Couselo presenta XOGOS OLÍMPICOS COVID-19.

Participantes: Todos o alumnado de ESO e Bacharelato

 

Haberá clasificación por categorías.

 

ANÍMATE! SERA DIVERTIDO!

 

 

Para poder participar teredes que leer a normativa e ver os vídeos de execución das diferentes probas que se adxuntan no anexo. Logo teredes que facer as probas e mandar ao correo electrónico

( 1º ESO: rosafdezv@ieslaxeiro.com e o resto dos curso : lopezcruz@edu.xunta.es)

o vídeo coa execución da proba para que poidamos medir o tempo que invertides. 

DTA DE ENTREGA: LUNS 11 DE MAIO, ATA ÁS 23:55h

 

Lembrade tamén que debemos manter a nosa actividade diaria, # unhahoradeactividadefísicaaodía e enviar cada luns ata ás 23:55h os diarios das actividades realizadas ao longo da semana. Agora que xa podedes saír, aproveitade para facer camiñatas, correr, andar en bici,... todo aquelo que poidades facer solos ou en compañia da familia.

 Ao longo da seman tamén tedes que incluír nas rutinas de actividades os exercicios propostos polo departamento

(Olímpiadas), os grandes deportistas adestran primeiro para lograr as súas mellores marcas.

 

ÁNIMO RAPACES, ESTAMOLO CONSEGUINDO.

UNHA VIRTUAL APERTA

Departamento de Educación Física

RETO, CONDICIÓN FÍSICA!

MOITAS GRAZAS AOS PARTICIPANTES

 

NO RETO, INUNDAR AS REDES!

 

 

ACTIVIDADES PARA ESTA SEMANA

* Lebrade que no inicio da corentena adquirimos o compromiso de facer #unhahoradeactividadefísicaaodía, podedes utilizar os recursos que vos indiquei ao principio ou buscar outros que vos gusten máis, o máis importante é moverse durente ese tempo e que mellor... que facer o que vos guste.

éste é o punto máis importante da nosa materia, porqué?

Aumenta saúde e disminue efectos provocados polo sedentarismo. Ademáis de controlar a alimentación.

Paso unha app que podedes descargar no teléfono móbil e vos indica a calidade dos alimentos que comedes. Buscade comer alimentos máis sanos e non saturados en azúcares.    APP: Yuka

 

Unha forma de control é o diario que tedes que enviar por correo electrónico cada luns antes das 23:55h

( Ana: lopezcruz@edu.xunta.es) (Rosa: rosafdezv@ieslaxeiro.com)

 

* Para esta semana, nos adxuntos vai unha proposta de mellora da Condición Física, teredes que engadilo a vosa rutina semanal, a lo menos dúas veces. Non esquezades enviar logo o vídeo ca vosa proposta de combinación. Logo nos tocará a nos facer a combinación que propoñades. 

 Data de entrega: luns 4 de maio ata 23:55h (igual que o diario) 

 

MOITO ÁNIMO.

OXALÁ NOS VEXAMOS PRONTIÑO, SEGURO QUE NOS ATOPAMOS PRONTO POLA RÚA.

Departamento de Educación Física

RETO INUNDAR AS REDES!

RETO , INUNDAR AS REDES!

 

O vindeiro martes 28 de abril temos que inundar as Redes Sociais co hashtag #DEFC2020#DEFR2020

#DíadaEducaciónFísicanaCasa2020#DíadaEducaciónFísicanaRede2020

 

co obxectivo de ser tendencia nas redes sociais:

 

Twiter, Facebook, Instagram, Tic Toc,...

 

Ao longo do martes tedes que subir un vídeo as redes sociais realizando una actividade física na casa, pode ser individual ou en familia. 

Na publicación tedes que poñer: 

NOME,CENTRO EDUCATIVO,CONTIDO,QUE APORTA A EDUCACIÓN FÍSICA? ( en dúas palabras) e o DOCENTE.  

 

Ver exemplos nos ficheiros adxuntos.

 

Porteriormente de subilo a rede social tedes que enviar por correo electrónico o vídeo e a foto de habelo subido a profesora correspondente por grupo aula. Para 1º ESO ( rosafdezv@ieslaxeiro.com)          e para o resto dos cursos ( lopezcruz@edu.xunta.es). 

 

 

RETO BÁDMINTON

BO DÍA,

 

Dende o departamento de Educación Física propomos para todo o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º ESO e 1º de Bacharelato, invitamos tamén a todo aquel alumnado de 2º de Bacharelato que desexe,  o seguinte RETO DE BÁDMINTON.

 

Reto que nos vai a servir para afianzar contidos prácticos relacionados coa técnica individual e dar por rematada a Unidade Didáctica que estábamos a traballar antes do Confinamento.

 

No anexo tedes adxunto o vídeo demostrativo e a táboa que tedes que cubrir.

DATA DE ENTREGA DA TÁBOA. Venres 24 de Abril de 2020 antes dás 15:00h.

 

A táboa enviaráse por correo electrónico ao profesorado:

1º ESO ( rosafezv@ieslaxeiro.com) e 2º,3º,4º ESO e 1º de Bacharelato (lopezcruz@edu.xunta.es) 

 

Tamén deberedes seguir enviando o diario de actividades físicas realizadas ao longo da semana, cada luns antes dás 23:55h. 

 

NON ESQUEZADES                        # UnhaHoradeActividadeFísicaaoDía

 

Debemos evitar problemas ocasionados polo sedentarismo nesta época e ter coidado coa alimentación.

 

Un saúdo

A VOSA DISPOSICIÓN PARA CALQUERA DÚBIDA.

Departamento de Educación Física

 

 

 

PROPOSTA XOGO : CORONAVIRUS e ESCALEIRAS

PARA TODOS OS CURSOS

1º,2º,3º,4º ESO e 1º DE BACHARELATO, tamén para aqueles de 2º de BACHARELATO  que se animaron a participar no reto.

 

A NOSA ENORME E SINCERA NORABOA polo traballo realizado ao longo destes días. Guay

 

Veñen as vacacións de Semana Santa disfrutadeas ao máximo dentro das posibilidades

 

DEIXAMOS OUTRA PROPOSTA DE ACTIVIDADES PARA SEGUIR MANTENDO O NOSO RETO DIARIO

 

#Unhahoradeactividadefísicaaodía

 

e poder facer en familia

 

XOGO DE MESA: CORONAVIRUS e ESCALEIRAS.

 

Nos adxuntos vos deixamos as normas e o taboleiro de xogo en varios tamaños, para que poidades imprimir.

Esperamos que vos guste.

 

ÁNIMO!

MOITA FORZA!

VÉMONOS PRONTIÑO!

 

Dpto. Educación Física

 

Para calquera dúbida ou consulta: Ana (lopezcruz@edu.xunta.es)  Rosa ( rosafdezv@ieslaxeiro.com)

PARTIDOS BÁDMINTON 3º, 4º ESO e 1º DE BACHARELATO

BOA TARDE,

 

DEIXO NOS ADXUNTOS A ANÁLISE DOS VÍDEOS DE BÁDMINTON PARA QUE POIDADES TER O FEEDBACK DA CORRECCIÓN.

 

UN SAÚDO

 

O MARTES 31 DE MARZO POREI OUTRO ENLACE DE ACTIVIDADE E UNHA PROPOSTA DUN XOGO PARA QUE POIDADES FACER EN FAMILIA.

 

MOITO ÁNIMO

 

RECOMENDACIÓN PARA ESTA SEMANA do 23 ao 30 de marzo: DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

Primeiro gustaríanos felicitarvos polo ben que o estades facendo, PARABENS,  moitos sodes os que nos enviastes o diario de actividades desta semana e vos sumaste ao reto #unhahoradeactividadefisicaaodía; DOBLE PARABENS   a aqueles que o fixestes en familia, o noso aplauso para vos e a vosa familia.

 

A nosa recomendación para esta semana segue sendo a mesma, seguir sumándonos ao mesmo reto e seguir facendo o diario para ter un rexistro e levar control da actividade física que facemos cada día, o diario enviarase ao mesmo correo electrónico ao longo do luns 30 de marzo ata ás 23:55h.

Recordade que o correo electrónico para o alumnado de 1º ESO é o seguinte: rosafdezv@ieslaxeiro.come que debedes poñer sempre en asunto o voso nome e curso.

 

Poño e envío algún enlace máis de vídeos de actividades por se vos apetece cambiar de rutinas de traballo. (Ficheiros Adxuntos)

 

 

Non esquezades que hai que facer ese traballiño teórico para completar os contidos prácticos que xa non daremos este curso académico : Bádminton, o traballo hai que entregalo, tamén vía email, ao longo do venres 27 de marzo ata ás 23:55h.

1º e 2º ESO : infografía sobre o Bádminton

3º, 4º ESO e 1º de  Bac,: análise dos vídeos enviados, correspondentes a cada nivel de ensino.

 

ACTIVIDADES EDUCACIÓN FÍSICA ATA O 27 DE MARZO

Bo día,

 

 

Espero que todos esteades moi ben.

 

Dende o departamento de Educación Física queremos deixarvos unhas suxerencias para facer esta corentena o máis levadeira posible.

 

O primeiro e máis importante é manter a actividade física diaria, deixamos algunha proposta para quen as queira utilizar. A primeira tarefa que hai que facer será un DIARIO DE ACTIVIDAD FÍSICA, na que anotaremos a actividade realizada ese día tendo en conta o quecemento, parte principal e os estiramentos (sobre unha hora de actividade física) e o tempo invertido. Entregar cada luns antes das 23:55h por correo electrónicopara manternos motivados e levar un control do realizado,para o alumnado de 1º ESO ( profesora Rosa: rosafdezv@ieslaxeiro.com) para o resto do alumnado ( profesora Ana : lopezcruz@edu.xunta.es). INVITAMOS TAMÉN AO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO, así como a todas as familias a participar nesta iniciativa. Hai varias propostas,  escollede a que máis vos guste e que esté dentro das posibilidades de cada un. #unhahoradeactividadefísica#todovaisairben#euquedonacasa.

 

O segundo aspecto está relacionado cos contidos que se estaban a desenvolver na segunda avaliación, será a realización dunhas actividades teórico - prácticas para completar os contidos traballados de Bádminton. Cada grupo ten as súas actividades diferenciadas nos arquivos adxuntos. Esta actividade se entregará tamén por correo electrónico antes do venres 27 de marxo ás 23:55h. En primeiro de ESO a profesora Rosa : rfvazquez@edu.xunta.es) e o resto dos niveis a profesora Ana ( lopezcruz@edu.xunta.es)

 

Dende o departamento de Educación física queremos decirvos que quedamos a vosa enteira disposición para resolver dúbidas, peticións, etc.

 

Un saúdo

Departamento Educación Física

 

 

KILÓMETROS DE SOLIDARIDADE 2020

   

O día 31 de xaneiro o alumnado do noso centro participou neste proxecto educativo, deportivo e solidario.  Preme no enlace para ver un resumo da carreira

Programacións curso 2019-20

Distribuir contido