AS MEIGAS DO FERRO

Unha terrorífica maldición caeu sobre a aldea do Ferro …

 As rapazas do Ferro están deixando de ser como eran para converterse en princesas remilgadas e cursis, submisas e obedientes sen un ápice de iniciativa e crítica.

 Os rapaces tamén están cambiando e estanse a converter en personaxes rudos,dominantes, competitivos e herméticos.

 Todos están perdendo a súa propia identidade e humanidade e compórtanse igual sen saírse dos estereotipos marcados polo feitizo.

 Só as meigas do bosque coa vosa axuda poderán detela se sodes capaces de entrar no bosque e atopar os elementos máxicos  que precisamos para romper o maleficio …

 O día 25 de marzo do 2022 a rapazada de 1º ESO do Ferro, na súa totalidade,  asumiron a ARRISCADA E EMOCIONANTE MISIÓN

 No camiño tiveron que tomar decisións ……., medir riscos ….., xogar en equipo …., ter sorte …., xa que o bosque estaba repleto de seres e encontros misteriosos.

 Entraron! no bosque para conseguir os elementos máxicos, os levaron as meigas para que o meteran no pote no que estaban elaborando a apócema e unha vez introducidos os elementos máxicos leron entre todos o CONXURO

 

“NIN DOMINANTES, NIN SUBMISAS OBEDIENTES,

 PERSOAS LIBRES E DIFERENTES

 QUE A MALDICIÓN POR AQUÍ NON SE VOLVA A VER

 QUE CADA QUEN SEXA COMO QUEIRA SER”

 

 o cal os liberará da maldición para sempre.

 

 Enlace ao video   https://youtu.be/ppIWO6PRycg

MOITAS GRAZAS ao profesorado e ao alumnado pola súa IMPLICACIÓN e ESFORZO.