ENTROIDO 2022

RESULTADOS DO CONCURSO DE COMPARSAS DE ENTROIDO 2022

1º CLASIFICADO: TANXUGUEIRAS BEST ( 4º ESO A)

2º CLASIFICADO: ILEGALÍSIMOS (2º ESO C)

3º CLASIFICADO: LOS SHAKYS SHAKYS (2º ESO A)

Parabéns a todo o alumnado participante.

 

O MANDATO DO MECO

Este ano no IES Xesús Ferro Couselo  volvemos a retomar  " O mandato do meco" que consiste enque cada día da semana `previa ao entroido temos que vir disfrazados coa temática que manda o meco. 
Este ano, comezamos o luns día 21 co mandato  " Dos 60, 70, 80 ou 90 virás. Destes felices anos vestirás" en honra aos nosos avós, pais, etc.. O martes 22 o mandato dicía " O martes faremos deporte e vestiremos todos deste porte". Continuamos a semana con moitas ansias xa que por mor da situación sanitaria o ano pasado non puidemos difrutar dos mandatose e o mércores 23 decidimos vir elegantes e sacar os nosos traxes de gala " Traxe , garavata e guantes. O mércores todos moi elegantes".    O xoves, ao acercarse a fin de semna, xa imos un pouco cansos polo que se pegaron un pouco as sábanas e chegamos ao instituto en pixama... " O xoves co que custa saír da cama, que non che dea pereza trae bata e pixama"      

Para ter un bo comezo destas pequenas vacacións a temática do venres decidimos que fora libre, e dicir, que cada un trouxera un disfrace ao gusto ou facendo unha temática en conxunto con toda a clase. Os nosos profesores decidiron vir a clases disfrazados coa temática de Harry Potter.

O alumnado de Bacharelato desexa que fora unha semana diferetne e divertida e que o ano que ben poidamos repetila xa con toda a normalidade.

Un saúdo e BO ENTROIDO para todos!!

 FESTIVAL ENTROIDO 2022

 Este ano celebrouse un Festival de ENTROIDO (tempos covid-19) no IES Xesús Ferro Couselo, o alumnado seguindo a normativa sanitaria tiña que vir disfrazado de casa e baixou por quendas ao patio cumprindo en todo momento a normativa COVID-19 do centro educativo.

 O departamento de Educación Física, en colaboración con todo o  profesorado, organizou un concurso de comparsas nas que o alumnado podía participar de maneira individual ou colectiva co obxectivo de conseguir a mellor clasificación posible. Un xurado composto por profesorado e pais será o encargado de facer a votación por correo electrónico despois de ver os vídeos gravados de cada unha das coreografías e representacións.  

 Na valoración de cada grupo se terán en conta os seguintes aspectos:

 posta en esceNa, creatividade e orixinalidade dos disfraces, esforzo invertido, uso do galego na representación e reutilización de materiais para a confección do disfrace.

 No Concurso participaron un total 18 de  comparsas e a festa estivo garantizada.

OS TANXUGUEIROS

https://youtu.be/6_Z59CN3wfA

LOS POUS

https://youtu.be/22eE6TmeC4Y

GANGSTER´S AGE´S

https://youtu.be/LcFkamLkP1g

LORCA

https://youtu.be/Jk-fYtjNY48

HUMOR E BAILE

https://youtu.be/Yinc9EGkrXA

LA CARCEL DE LOS UNICORNIOS

https://youtu.be/OezxJvptf-Q

LOS SASELLES

https://youtu.be/SzFavNTAxGI

6 DE 6

https://youtu.be/WdjADXTa-2Y

CARNAVAL

https://youtu.be/pCjD1TcQvTM

YOGURINES F.C.

https://youtu.be/9I6iO_yv28U

VIOLONCHELO

https://youtu.be/aecvqNsHY3Y

CELEBRIDADES

https://youtu.be/cvbSl6A02uw

LIMBO

https://youtu.be/_hdx5GRjhMs

PISTOLEROS

https://youtu.be/cg3N7guQD3o

LOS SHAKYS SHAKYS

https://youtu.be/Qx0UPxktxjg

LOS MÁS SEXIS DEL OESTE

https://youtu.be/kKaAEpbRGwo

OS ILEGALISIMOS

https://youtu.be/9zFOGTGzu4E

TANXUGUEIRAS BEST

https://youtu.be/_p_qY-U0Df0

 

COMPARSA FORA DE CONCURSO

 TERRA EN HOGWARTS       https://youtu.be/6QBLDjW0pdI

 

MOITAS GRAZAS a todo o profesorado polo seu compromiso e implicación e destacar a boa participación e o

EXCELENTE comportamento do alumnado ao longo de toda a xornada.