25 de Novembro - Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Coma todos os anos e con motivo da celebración do 25N-Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a nosa Comunidade Educativa volcouse na realización de actividades co obxectivo de visibilizar unha situación que por desgraza segue presente cada día na nosa sociedade.

O Equipo de Dinamización Lingüística propuxo a realización dun vídeo co obxectivo de darlle difusión ao símbolo de axuda contra a violencia machista. Unha potente ferramenta que permite ás vítimas saír das mans dos seus agresores.

          25n 

aFERRate á non violencia de xénero

Preme neste enlace

A proposta do grupo de traballo Proxecta “Donas de si” e en colaboración coas titorías de ESO, perfilou siluetas do alumnado e profesorado en diferentes tonalidades de lila, morado, branco e rosa como cores identificativas e fóronse colocando polos corredores das aulas, todas elas orientadas na mesma dirección e coas súas miradas cara o hashtag             #aFERRateaNonViolencia    dando mostras claras de que todos camiñamos na mesma dirección contra a Violencia de Xénero.

Por outra banda o alumnado de 2º e 3º de ESO elaborou frases que non poden pasar desapercibidas e ás que AFERRARNOS  como parte importante da educación. Estas frases foron pintadas nos espellos e azulexos do centro educativo.

 

VÍDEO SILUETAS E FRASES ( Este enlace: https://youtu.be/nkhbu8Ama0c )

A súa vez alumnado de 4 ESO realizou vídeos nos que se invirten roles de actuación segundo os estereotipos de xénero implantados pola sociedade como punto de reflexión a ter en conta.

 

 VÍDEOS 4º ESO ( Este Enlace: https://youtu.be/NN6GA5WNJkE )

O alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Literatura Universal quixo mostrar a súa repulsa contra a violencia de xénero, facendo unha lectura comentada dun conto de Emilia Pardo Bazán “ El revólver”. Neste relato de máis dun século pode apreciarse o que , por desgraza, segue a suceder na actualidade.

Nerea, Aitor, Rubén, Olga, Naír, José Manuel, Sandra e Uxía puxeron as voces e os comentarios e o profe Roberto conseguiu darlle forma. Preme o reprodutor para escoitalo.