Concurso de lemas contra a Violencia de Xénero
A Secretaría Xeral de Igualdade e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional convocan o concurso conmemorativo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra cada 25 de novembro. Este ano o concurso enfócase cara a construción de lemas relacionados coa violencia de xénero co fin de promover a erradicación desta violencia e poñendo o foco na prevención, na detección precoz e na intervención. Tema: reflexión contra a violencia de xénero
Prazo de presentación dos traballos: ata o 19 de novembro de 2020 (ás 13.00 h) Indicacións para os envíos:os lemas remitiranse por correo electrónico a premios25n.igualdade@xunta.gal Pódense consultar as bases completas no documento anexo.
|