Coñece Ourense

Como xa ben sendo tradicional no Ferro Couselo, o Departamento de Xeografía e Historia participa no programa da Deputación Provincial "Coñece Ourense"
 
En cursos anteriores visitamos a Ribeira Sacra, as terras de Ribadavia e as bisbarras de Celanova e Bande. Neste curso os profesores Óscar Vilas e Iago Saco partimos o pasado 9 de novembro co alumnado de 4º de ESO cara Verín para coñecer de primeira man e amosarlles do xeito máis lúdico e interesante posible, mostras do patrimonio material histórico artístico da zona, como o conxunto do Castelo de Monterrei, as rúas e prazas da vila, a igrexa de Santa María a Maior ou a igrexa de Santa María de Gracia de Monterrei. 
 
Visitamos tamén o balneario de Caldeliñas, actualmente abandonado pero con un interesante valor histórico, e as actuais factorías de Sousas e de Cabreiroá. Nesta última agradecemos a interesante visita guiada que nos ofreceu un traballador cualificado da empresa.
 
Cómpre salientar o bo comportamento xeral do alumnado, así como o alto interese e participación nos xogos e na xincana polas rúas da vila de Verín. 
Os obxectivos marcados para esta saída didáctica cumpríronse de xeito destacado.
 
A continuación as imaxes do día.