Club de lectura

Hoxe foi un día importante: por fin botamos a andar o noso club de lectura en colaboración co CIS Aixiña. Cando chegamos, alí estaban Lalo,  Modesto, Elena, Pili, Camy, Ángeles, Celso, Moncho, Julia... Foi coñercérmonos e sentir que estabamos facendo algo grande e marabilloso. As barreiras e os prexuízos caeron e comezamos a falar da vida e da literatura. Bastaron cinco minutos para que o noso alumnado e os usuarios do centro de día de Aixiña se entenderan coa mirada e coas palabras. Isto non fixo máis que comezar, pero promete que vai ser unha gran aventura. E para botar a navegar este barco capaz de surcar o mar máis fero, o libro escollido foi Las vencedoras, de Laetitia Colombani. Feliz travesía e feliz lectura!!