Teatro Principal: estrea para escolares da obra de Sarabela Made in Galiza

O venres 22 de setembro tivemos a oportunidade de acudir ao Teatro Principal á estrea para escolares da obra de Sarabela Made in Galiza.

Esta peza teatral chea de humor, ponnos ante un espello de nós como falantes dunha lingua minorizada para combater numerosos prexuízos. Baséase na obra de Núñez Singala e é un complemento perfecto ás clases de Sociolingüística.

Tivo a sorte de presenciar este espectáculo o noso alumnado de Literatura universal de 1.º de Bacharelato.