Educa en dixital

Recordatorio para o alumnado beneficiario do programa.

Como beneficiario do programa Educa en Dixital e/ou Fenda dixital, o/a seu fillo/a ten a súa disposición un ordenador portátil durante o presente curso 2022-2023.

No acordo de cesión asinado por vostedes, comprometéronse a usalo de forma responsable, para a realización de tarefas exclusivamente escolares, a mantelo baixo a súa responsabilidade e coidado, así como a cumprir coas medidas de seguridade apropiadas.  Tamén asinaron o compromiso de devolvelo tal e como se lle entregou, na súa caixa orixinal e con todos os compoñentes en perfecto estado.

Devolución do equipo na conserxería segundo as indicacións previas:

ÚLTIMO DÍA LECTIVO AO CHEGAR AO CENTRO