Novos vales de axuda para adquirir material escolar

DOG 196: Resolución de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Beneficiarios:

As persoas que xa foron beneficiarias desta axuda para adquiriren material escolar por importe de 50 €, ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2022, e o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso e ata o do 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022.

A contía individual da ampliación da axuda para adquirir material escolar é de 25 € adicionais.

As persoas que xa foron beneficiarias de axuda para adquiriren material escolar ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2022, poderán recoller o vale para adquirir material escolar-ampliación por importe de 25 € adicionais no respectivo centro docente, a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

As persoas beneficiarias deberán usar os vales nas librarías e demais establecementos o antes do 1 de decembro de 2022.