Skip to Content

Taboleiro

Publicada a convocatoria dos premios de Educación Secundaria Obrigatoria ao esforzo e á superación persoal

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 24 de agosto e rematará o día 23 de setembro de 2022.

Ligazón

Publicadas as listaxes provisionais do fondo de libros e vales para adquisición de material escolar

Recórdase ás persoas que revisen as listaxes. Está prohibido fotografarlas.

Moitas grazas.

A Xunta abre o prazo para participar no novo programa "DigitalWeek" para mellorar competencias dixitais en inglés.

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades ten aberto o prazo para participar nesta iniciativa ata o vindeiro 9 de setembro para o alumnado da ESO. A actividade será de balde para as familias e a experiencia inmersiva desenvolverase durante unha semana no Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo.

 

Ligazón

Datas de matriculación para o curso 2022-2023

Os impresos de matrícula serán entregados cos boletíns de notas (alumnado do centro). Para o novo alumnado os impresos poden ser recollidos en conserxería a partir do 27/06/2022.

Folga de transporte 21/06/2022

Para mañá, día 21 de xuño de 2022, está convocada unha folga de transporte. Haberá servizos de entrada e saída pola mañá aos centros  escolares pois son considerados como servizos esenciais pero pode ser que non haxa transporte escolar pola tarde pois non aparecen reflectidos como mínimos.

 

 

 

Nova convocatoria probas de certificación lingüística

Tal e como comentabamos hoxe, xa saíu a convocatoria de probas de certificación da Xunta polo que achegamos a información das probas Trinity tal e como as tivemos o curso pasado.

Tedes de prazo un mes desde a publicación da convocatoria que saíu o 16 de xuño, é dicir, ata o vindeiro 16 de xullo, pero adiouse ata o 23 de setembro.

Probas de acceso á Escola Superior de Arte Dramática

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia informa da convocatoria das PROBAS DE ACCESO 2022/23, para os Graos en Dirección Escénica e Dramaturxia (12 prazas), Grao en Escenografía (12 prazas) e Grao en Interpretación (24 prazas). As datas son as seguintes:

Inscrición: ata o 23 de xuño
Inicio das probas: 4 de xullo

Calendario das probas extraordinarias 1º e 2º Bach

Adxúntase o calendario coas probas extraordinarias de 1º e 2º de Bacharelato e das materias pendentes de 1º de Bacharelato.

 

Publicada a oferta de formación profesional para o curso 2022-2023 e prazos do proceso de admisión

Publicada no portal FP a oferta de formación profesional.

Publicados os calendarios de admisión para réxime ordinario e réxime de persoas adultas, para FP dual e para cursos de especialización.

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/37232

Distribuir contido


by Dr. Radut