Skip to Content

Ponderacións ABAU

Acaban de publicarse as ponderacións das diferentes materias nas que podedes examinarvos nas ABAU para o acceso aos diferentes graos. Podedes consultalas nesta resolución ou na web da CIUG.

 

Premios extraordinarios Bacharelato 2021-2022

Prazo para facer a solicitude dende o 26 de abril ata o 25 de maio de 2022.

O alumnado candidato deberá realizar unha proba externa e presencial nos lugares que estipule a Consellería.

Haberá un máximo de 20 premios de 1000 € cada un.

Poden consultar a convocatoria aquí.

 

 

 

Xornada de orientación sobre o Bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades e o Grao de Dirección e Xestión Pública

O mércores 27 de abril, ás 10 h, na Facultade de Dirección e Xestión Pública da Universidade de Vigo (Campus de Pontevedra), organízase unha xornada de orientación online titulada “O bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades: unha ponte ao Grao en Dirección e Xestión Pública”. 

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Dirección Xeral de Saúde Pública

Portas Abertas Telemáticas da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia

A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia organiza unhas Xornadas de Portas Abertas (telemáticas) o 5 de maio de 2022, para informar sobre a súa oferta educativa nas diferentes titulacións de grao:
Xornadas de Portas Abertas 2021/22Dirección escénica e dramaturxia
Escenografía

Feira Virtual das Universidades españolas

Do 26 ao 27 de abril desenvolverase a UNIferia Graos, a Feira Virtual das Universidades españolas, que permite o encontro dos Futuros Estudantes cos Gra

Calendario CIUG ABAU 2022

Calendario CIUG ABAU (Convocatoria Ordinaria e Extraordinaria) 2022

Admisión alumnado

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión no noso centro está admitido. 

Xornada de Portas Abertas presenciais na Facultade de Ciencias da UDC

Na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña (UDC), vanse realizar as Xornadas de Portas Abertas Presenciais  para os vindeiros mércores 15, xoves 16 e venres 17;

 

Primavera Xove 2022

Tras a primeira experiencia piloto de 2021, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pon en marcha este ano a segunda edición de Primavera Xove, un programa que busca xerar espazos para un ocio educativo seguro, divertido, formativo e favorecedor da transferencia de valores e coñecemento. Podedes consultar máis información aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut