Skip to Content

Entrega premios Certame Literario Carmela Loureiro

Certame Literario Carmela LoureiroO xurado do I Certame Literario Carmela Loureiro, reunido o 19 de xaneiro, decidíu os traballos premiados, entre os que está o accesit acadado pola nosa alumna María Novo Varela, que con "Palabras voan" obtivo un accesit.

A entrega de premios tivo lugar no centro cultural Torrente Ballester e contou coa asistencia de numeroso público, entre os que se atopaban moitos docentes e amigos de Carmela, profesora moitos anos do IES Fernando Esquío e presidenta da Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística de Ferrolterra ata o seu pasamento.

O xurado destacou a cantidade e calidade dos traballos e felicitou aos gañadores. Na lista de galardoados está María Novo Varela, alumna de primeiro, que presentou o traballo "Palabras voan", premiado cun accesit. Noraboa María.

Xa estamos esperando pola nova convocatoria para ver do que  é capaz o noso alumnado e lembrar a nosa querida compañeira.

Certame Literario Carmela Loureiro

 

 

Certame Literario Carmela Loureiro

 Certame Literario Carmela Loureiro



page | by Dr. Radut