Skip to Content

Premios Eduemprende Atrévete Ferrol 2016

educaemprende

 

Parabéns as alumnas de 2º ESO A  Marta Fernández Feijoo e Paloma Eiroa González do IES Fernando Esquío de Neda, que recibiron o premio á mellor idea de negocio presentada no Eduemprende Atrévete Ferrol 2016.

Este programa que se desenvolve no marco do Plan eduemprende vai dirixido a fomentar, motivar, e sensibilizar ao alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria no espírito emprendedor.

Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria, e as diferentes asociacións empresariais, en favor do impulso da cultura emprendedora entre o alumnado e darlle a coñecer ao tecido empresarial da súa contorna.

O acto foi celebrado o día 3 de xuño na Cidade da Cultura e foi clausurado polo Conselleiro de Cultura,Educación e Ordenación Universitaria D. Román Rodríguez González.

educaemprende

 



page | by Dr. Radut