Teléfono 881930387 Código do centro: 15027216 ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal
ABALAR MÓBIL
Estamos a poñer en marcha no centro a aplicación Abalarmóbil que se pode atopar en Google Play ou na App Store.
A nai e o pai poderán instalar a aplicación nos smartphone que teñan os números que se aportaron na matrícula. Se se quere empregar noutro número habería que comunicar o cambio na secretaría do centro.
Unha vez instalada a aplicación, pódese acceder aos datos académicos do alumno. Neste momento xa funciona a comunicación de faltas de asistencia, de incidencias e de cualificacións de avaliación. Posteriormente iranse engadindo outras funcionalidades.
Neste curso implantaranse servizos como xustificación de faltas, titorías e avisos ás familias.
Abalarmóbil permitirá concertar citas de titoría, comunicar e xustificar faltas e enviar avisos.
Neste enlace podedes ver un vídeo sobre o seu funcionamento e funcionalidade e nos adxuntos información máis detallada da aplicación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
guia_mobil-familias_-galego.pdf | 1.83 MB |
Diptico abalarMobil familias.pdf | 538.4 KB |