Skip to Content

FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO EN LUGO

 

Teatro clásico Lugo

O pasado martes día 3 fomos ao  Festival de Teatro Grecolatino de Lugo cos alumnos de 4º de ESO, 1º e 2º da Bacharelato. Xa vai pola súa XV edición e este centro participa dende hai  varios anos.

O Festival de Teatro Grecolatino de Lugo é un evento creado en 2001 por SEEC Galicia co propósito inicial de achegar as grandes obras do teatro grego e romano clásico aos estudantes do Ensino Secundario. Miles de estudantes de Galicia e doutras autonomías acoden cada ano á este festival que se celebra en Lugo, marabillosa cidade cuxas murallas romanas foron recoñecidas como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Este ano as obras elixidas  foron:

  • 12:00. Antígona de Sófocles, Grupo El Ruiseñor (A Coruña)
  • 17:00. Miles Gloriosus de Plauto, Grupo Noite Bohemia (A Coruña)

A primeira foi unha traxedia, coa súa forza dramática e a segunda unha comedia, na que se introduciron numerosos guiños modernos na música, nas expresións e linguaxe cotidiá, por  iso quizais gustou máis.

Unha experiencia moi boa aínda coa cantidade de chuvia caída!!! Animádevos todos para o seguinte ano!!!!

Teatro clásico Lugo Asistentes

 



page | by Dr. Radut