Inicio do curso escolar 2022-23
Data, hora e lugar das presentacións.
Son todas o xoves día 8 de setembro.
10:30 h. ESO (1º e 2º ESO no salón de actos "Xaquín Marín", 3º e 4º irán directamente ás correspondentes aulas) e FP Básica (salón de actos edificio FP).
12:00 h. Bacharelato (salón de actos "Xaquín Marín") e 1º curso dos ciclos medios ordinario e dual (salón de actos edificio FP).
12:30 h. 2º cursos de ciclos medios (salón de actos de FP).
16:15 h. Ciclo Medio Modular (salón de actos de FP).
Con motivo do inicio de curso desenvolveranse diferentes actividades como a actuación da pandeireteira Gisela Sanmartín e as charla do biólogo Rubén Portela Carballeira e o emprendedor Miguel Ameneiros Vilasánchez, todos eles exalumnos do IES de Fene.
Ese día o transporte escolar (ESO) deixará o alumnado no centro ás 10:30 h. e recollerao ás 12:00 h. O transporte metropolitano terá o horario habitual.
O venres día 9 de setembro comezarán as clases no horario habitual.