Matrícula para o curso 2022/23 ESO e Bacharelato
Enviado por admin o Mér, 22/06/2022 - 05:58
CALENDARIO PREFERENTE
Horario: Anotaremos na parte posterior do sobre da matrícula a hora asignada de forma individual (para cambiala, chamar por teléfono). Os sobres e impresos pódense recoller na conserxaría do centro.
3º e 4º ESO | 28 de xuño | |||
1º e 2º ESO | 29 de xuño | |||
1º Bacharelato | 30 de xuño | |||
2º Bacharelato | 1 de xullo |
Documentación para o alumnado que veña de fóra do centro:
1.- Sobre e impreso oficial de matrícula debidamente cubertos (facilítanse na conserxería ). |
2.- Aboar 1,12 euros do seguro escolar no momento de realizar a matrícula (están exentos os maiores de 28 anos e os de 1º e 2º de ESO). O alumnado de 1º de ESO ten que traer fotocopia da tarxeta sanitaria. |
3.- Fotocopia do DNI. |
4.- Dúas fotografías tamaño carné, co nome e apelidos ao dorso. |
5.- Fotocopia do título requirido ou certificación académica, segundo o caso. Non é preciso no caso do alumnado que proveña dos centros adscritos (Os Casais e O Ramo). |
6.- Formulario/rexistro de patoloxías |
Documentación para o alumnado do centro:
1.- Sobre e impreso oficial de matrícula debidamente cubertos (facilítanse na conserxería) |
2.- Aboar 1,12 euros do seguro escolar no momento de realizar a matrícula (están exentos os maiores de 28 anos e os de 1º e 2º de ESO). |
3.- Unha fotografía tamaño carné, co nome e apelidos ao dorso. |
4.- Formulario/rexistro de patoloxías |
*** Os pais/nais que desexen formar parte da ANPA cubrirán o impreso correspondente.