Portatiles asignados polo Consello da Xunta para o tempo de corentena polo coronavirus

O Consello da Xunta acordou na súa última xuntanza poñer a disposición dun milleiro de familias con recursos limitados un ordenador portátil e unha conexión á rede (gratuíta grazas á colaboración dos operadores Orange, Vodafone e R), para facilitarlle a este alumnado o seguimento da actividade educativa. No IES de Fene recibiranse tres equipos con conexión gratuíta que se facilitan como préstamo persoal ata que remate o presente curso escolar.

Os criterios para o reparto deberán ter en conta a situación socioeconómica da familia, e as posibilidades de aproveitamento do alumno ou da alumna, con prioridade ao alumnado dos cursos de final de etapa que titulen (4º da ESO, 2º de BACH e 2º de FP) e a aquelas familias que non dispoñan nos seu fogares de ordenador nin de conexión a internet.

As famlias de alumnado do IES de Fene interesados en levar en préstamo algún destes tres portátiles, ou outros dispoñibles no centro sen incluír conexión á rede, podedes escribir un correo electrónico a ies.fene@edu.xunta.es e contactaremos a continuación para valorar as condicións de cada solicitante, e decidirase en base aos criterios anteriores

O prazo para estas solicitudes comeza o xoves 2 de abril e remata o mércores 8 do mesmo mes