CALENDARIO DE ADMISIÓN - Curso 2020-2021

Achégase o calendario de admisión para o vindeiro curso, para o alumnado de ESO procedente de centros de Educacion Primaria

 Calendario de admisión - curso 2020-2021  

Debido á suspensión de clases o pasado 16 de marzo, o prazo de admisión quedou tamén suspendido temporalmente.

Publícase a Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 7 de maio de 2020 sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/2021.

Restablecese o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

O horario de artención ao público é de 10:00 a 13:00 horas. As persoas que acudan ao centro para presentar a documentación han de cumprir as normas sanitarias establecidas, so poderá estar unha persoa no interior das instalacions e as demais esperarán fora mantendo as distancias