HIPERBARIC CHALENGE - Quen somos?

HIPERBARIC CHALLENGE 2018-2019

FENE´S RACING TEAMS  -   INNOVANDO NA FP.

QUEN SOMOS? 

20 alumnos!!!!!   -     2  equipos!!!!!  -     1 desafío!!!!!!

Somos 20 alumnos do IES de Fene, que estamos cursando os ciclos formativos de Soldadura e Calderería, e Mantemento Electromecánico de Vehículos Automóbiles, e estamos a formar dous equipos para participar no desafío Hiperbaric Challenge 2018-2019.

EQUIPO 1: Barallobre Racing Sport. Equipo coordinado polo profesor Santiago Varela Pedreiro, e  formado por alumnos de 1º de CM de Electromecánica de vehículos automóbiles e de 2º de CM de Soldadura e calderería.

Mentores:

Alberto Caaveiro  (persoal docente) -  María Sande (persoal docente)  - Roberto Salgado (persoal non docente).

 EQUIPO 2: FeneSport Innovative Challenge. Equipo coordinado polo profesor Juan Carlos Romero, e formado por alumnos de 1º de CM de Soldadura e Calderería e 2º de CM de Electromecánica de vehículos automóbiles.

Mentores:

Ángel Chao (persoal docente) - Fátima Barreiro (persoal docente) -  Dulce Rodriguez (persoal docente).

 O DESAFÍO!!! 

Este desafío consiste en deseñar,  prototipar e construír un coche de inercia. 

Estamos a traballar na elaboración dun proxecto que teremos que defender ante un xurado de expertos que valorarán no só a parte técnica, senón tamén os aspectos sociais, de marketing e de xestión,  e naturalmente cada equipo poñerá a proba o seu prototipo nunha competición real de trazado urbano na que participarán equipos de toda España.

POR QUE QUEREMOS PARTICIPAR? 

Gustaríanos participar nunha nova experiencia que mestura innovación, calidade, creatividade e emprendemento.

Pero ademais... levaremos lonxe o nome do noso instituto, participaremos por primeira vez nun proxecto a nivel nacional, coñecemos a outros alumnos e alumnas que, como nós, traballarán nas súas horas de clase e nas súas horas libres para participar neste desafío, e, se nos axudas, mesmo poderemos gañar esta edición de Hiperbaric Challenge.

QUEREMOS FORMAR PARTE DE ALGO, AXÚDASNOS? 

O teu nome, a túa empresa, e a túa colaboración terán o seu espazo nos nosos coches de inercia, pero necesitamos patrocinadores, por iso estamos a chamar á túa porta.

 UNS CANTOS PROFESORES E PROFESORAS QUE APOSTAN POR NÓS E POLA INNOVACIÓN SUMÁRONSE AO PROXECTO, CONTAMOS TAMÉN CO EQUIPO DIRECTIVO, CON PERSOAL NON DOCENTE, COAS NOSAS FAMILIAS, COS AMIGOS E AMIGAS…

SÚMASTE Á INERCIA DO  HIPERBARIC  CHALLENGE DO IES DE FENE?

 Máis información no seguinte enlace:

http://hiperbaric-challenge.blogspot.com/