Unha noite na biblioteca

O vindeiro venres 26 celebraremos o Día da Biblioteca (24 Outubro) dun xeito ben especial, pasaremos "Unha noite na biblioteca" co alumnado de 1ºESO e todos os membros dos Clubs de Lectura (Soa a noite de terror, non si? Estamos no Samaín!!)

Para esta noite terrorífica temos preparado cine, baile, talleres creativos e, por suposto, lectura de lendas, contos...

 O alumnado e profesorado que participe, poderá pasar aquí parte da tarde ou da noite ou a noite enteira e virá con traxe axeitado para a ocasión