Os alumnos e alumnas do equipo do Instituto que participou con éxito no programa Parlamento xove contan a experiencia
Por A. Orozco e M. Suárez. Coa colaboración de Lula Sanmartín.
O Instituto participou por primeira vez no programa Parlamento Xove cun equipo coordinado pola profesora María Nogareda e formado polos estudiantes: Borja Martínez , Érika Diz, Adrián Oliveira e Sara Jove
Presentamos un resume da conversa mantida con eles a raíz do éxito obtido, estas son algunhas das súas reflexións:
"Quedaron encantados coa experiencia e eu tamén sobre todo por ver que temos alumnos moi naturais, moi normais e respectuosos... A xuventude merece a pena realmente, penso que as novas xeracións son as que nos van sacar deste mundo onde predomina en bastantes ocasións a mediocridade...” (Maria Nogareda)
"A experiencia foi moi enriquecedorara para atreverse a falar en público, para expresarse mellor na escrita. Tivemos moito traballo buscando información, subliñando alí como tolos, Borja acabou con maniotas de tanto pasar follas... E practicar o oral tamén custaba”. (Sara Jove)
“ Eu ao principio non estaba moi seguro de que nos saíse tan ben como nos saíu, esforzámonos, buscamos información..." (Adrián Oliveira)
"Tiña medo de que non me dera tempo a estudar os exames e todo iso, pero xa dixen que ao final todo isto valera a pena e volveríao a facer porque, aínda que dedicásemos moito tempo, tamén o pasamos ben...” (Érika Diz)
"Fomos o único equipo que no primeiro ano chegou á final..."(Borja Martínez)
Preme aquí para l er a conversa completa