Visita de profesores do "Lycée Professionnel privé Jacques Raynaud" que participan co INSTITUTO no Programa Leonardo da Vinci

 Vista da entrada ao Lycée Jackes Aynaud
  Visualizar o mapa ampliado

Dentro do Programa Europeo Leonardo da Vinci Initial Vacational Trainig, no que participa o IES de Fene, terán lugar  durante os vindeiros días as reunións preparatorias do proxecto que se vai realizar. 

A execución do mesmo corre a cargo de profesores   e alumnos do Lycée Professionnel privée "Jackes Raynaud"  de Marseille (Francia) e do IES de FENE e partir do 25 de xaneiro estarán con nós, durante as xornadas preparatorias do mesmo, dous profesores do Lycée.

Alumnos do IES de Fene, do Ciclo Medio de mantemento e instalación de frío e climatización,  realizarán parte das prácticas do módulo de Formación en Centros de Traballo, neste proxecto de mobilidade  en colaboración co Lycée de Marsealla.

 O IES de FENE agarda que as xornadas preparatorias resulten todo un éxito  e que os profesores visitantes se sintan coma no seu propio Lycé.