Chámallecomoqueiras

O venres 9 de abril o alumnado de 3ºA da ESO recibiu unha charla de asesoramento e formación a cargo de Xoán e Vero, dous membros da produtora Mr. Misto Films que están organizando o concurso de vídeos “Chámalle como queiras”, en colaboración coa Deputación da Coruña. A través deste concurso dirixido na súa modalidade A a mozos e mozas de 12 a 17 anos, procúrase promocionar un lugar das comarcas de Ferrol, Ortegal e Eume.

A sesión de hora e media serviu para que o noso alumnado observase exemplos de videos realizados con poucos recursos e para que puidesen decatarse dos pasos que se deben ir dando, desde a elaboración dun guión literario ata a creación de personaxes ou de historias cunha sólida estrutura.

As bases do concurso poden consultarse na páxina www.chamallecomoqueiras.com