Orgullos@s do Galego

Coordenadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüistica achéganos este espazo onde amosar o orgullo que temos os galegos e as galegas pola nosa lingua. Sexa cal sexa a cor da nosa pel, onde naceramos, de quen veñamos sendo, ou se nos gusta máis a lúa ou o sol, somos moitos e moitas os que estamos orgullosos de termos unha lingua propia. Aquí encontrarás videos, materiais para imprimir e distribuír como queiras, cando queiras e con quen queiras, e moitas, moitas persoas coma ti que presumen da nosa lingua, do galego. 

Orgullos@s do noso, orgullos@s do galego