Manifesto de profesorado de Lingua Castelá

Os e as asinantes deste manifesto, profesionais da docencia dedicados á ensinanza da lingua castelá, queremos facer constar o seguinte:

1.- A nosa experiencia socio-educativa como profesionais con competencia no ámbito da docencia lingüística demostra que o castelán non sofre ningún tipo de ameaza na nosa comunidade. Disfrutamos de todos os medios que unha sociedade moderna pode pór a disposición do alumnado e o profesorado de lingua e de literatura.

2.- Sentímonos orgullosos e orgullosas de poder transmitirlle ao noso alumnado toda a riqueza patrimonial, lingüística e literaria do español das dúas beiras do atlántico, mais tamén sentimos o orgullo de formarmos parte da comunidade galego falante, posuidora igualmente dun amplísimo patrimonio oral, dunha literatura de primeirísimo nível e con capacidade para abrirnos as portas do portugués.

3.- Termos dúas linguas oficiais é unha riqueza evidente, e é tarefa educativa de primeira orde lograr a igualdade de competencias lingüísticas nos dous idiomas. Non obstante, somos conscientes das dificuldades e ameazas nas que se atopa a día de hoxe tanto a nível oral como escrito o idioma propio da nosa comunidade, o galego.

En consecuencia, rexeitamos, ou cando menos cuestionamos, a falta de sensibilidade e a carencia de rigor científico que se transluce na consulta sobre as linguas no ensino que promove estes días a administración educativa.

 

Ver sinaturas