I Concurso de microrrelatos - Traballos premiados

O xurado do primeiro concurso de microrrelatos de Fene, composto polo edil de Cultura e integrantes da comunidade educativa do municipio, fallou o pasado xoves aos seus gañadores, tras unha selección previa de textos por parte dos equipos de normalización lingüística de cada centro participante.

Do IES de Fene resultaron gañadores do concurso os seguntes participantes:

- 1º premio da categoría de 1º-2º de ESO: Roque Sanfiz

- 1º premio da categoría de Bacharelato-Ciclos: Adrián López

- Accesit 3º e 4º de ESO: Icía Sanmartín

A entrega de galardóns, o vindeiro día 28 na Casa da Cultura 

Parabens aos/á premiados/a

(Acceso á noticia publicada en  La Voz de Galicia)