67. Laranxas

Xosé traballaba nunha empresa dende había anos. Sempre foi moi serio, dedicado e cumpridor das súas obrigas. Chegaba puntual e estaba orgulloso porque nunca recibiu unha amoestación. Certo día buscou ao Xerente para facerlle un reclamo:
-Señor, traballo na empresa con bastante esmero, vostede nunca me pillou "facendo tempo", pero sinto que fun postergado.
Mire... Fernando ingresou a un posto igual ao meu hai só 6 meses e xa foi promovido a Supervisor. Eu podo facer o mesmo ca el e mellor aínda, levo mais tempo aquí.
-¡Uhmm! -mostrando preocupación, dille o xerente:
-Mentres resolvemos isto, quixera pedirche que me axudes a resolver un problema.
Quero dar froita ao persoal para a sobremesa do xantar de hoxe. Na tenda da esquina venden froita. Por favor, descobre se teñen laranxas.

Xosé esmerouse en cumprir co encargo e en 5 minutos estaba de volta.
-Ben Xosé, ¿que descubriches?
-Señor, teñen laranxas para a venda.
-¿e canto custan ?
-¡Ah!... Non preguntei por iso.
-Ok, ¿pero viches se tiñan suficientes laranxas para todo o persoal?
-Tampouco preguntei por iso señor.
-¿Hai algunha froita que poida substituír as laranxas ?
-Non sei señor, pero creo...
-Ben, senta un momento. O Xerente tomou o teléfono e mandou chamar a Fernando.

Cando se presentou, deulle as mesmas instrucións que lle dera a Xosé e en 10 minutos estaba de volta.
Cando regresou preguntoulle:
-Ben Fernando, qué noticias me tes? -Señor, teñen laranxas, as suficientes para atender a todo o persoal, e se prefire tamén teñen mazás, kiwis, melón e uvas. A laranxa está a 1,5 euros o quilo, o kiwi a 2,2, as uvas a 2,8 o quilo, a mazá e o melón a 0,9 euros o quilo.
Dinme que se a compra é por cantidade, nos darán un desconto do 8%.  Deixei separadas as laranxas pero se vostede escolle outra froita debo regresar para confirmar o pedido.
-Moitas grazas Fernando, pero espera un momento.
Diríxese a José, que aínda seguía esperando estupefacto dille:
-Xosé, que me dicías?
-Nada señor, iso é todo, moitísimas grazas, co seu permiso.