39. O canciño a pantera e o mono

Un home vai a África de cacería e  leva ao seu canciño para non sentirse só nese lugar.

Un día, xa na expedición, o canciño, correteando tras unhas bolboretas alónxase do grupo, extravíase e comeza a vagar solo pola selva.

Nesto que ve ao lonxe vir unha pantera enorme a toda carreira.
Ao ver que a pantera vaino devorar, pensa rápido qué facer...

Vendo un montón de ósos dun animal morto, comeza a roelos. Entonces, cando a pantera está a punto de atacalo,
o canciño di:
- ¡ Ah!, ¡qué rica pantera me acabo de comer!!

A pantera escóitao e freando en seco, xira e sae despavorida pensando: ¡Quen sabe qué animal será ese, non me vaia a comer a min tamén!.

Un mono que andaba trepado nunha árbore cércana e que vira e oíra a escena sae correndo detrás da pantera para contarlle cómo a enganou o canciño:

- Cómo serás de estúpida. Eses ósos xa estaban aí, ademais é un
simple can.

 O canciño alcanza decatarse da faena que lle fai o mono.
Despois de que o mono lle contara á pantera a historia do que viu, esta última moi brava dille ao mono:
- ¡Súbete ás miñas costas, vamos onde ese canciño a ver quen come a
quen!.

E saen correndo a buscar ao canciño. O canciño ve ao lonxe que ven novamente a pantera, esta vez co mono laretas.

- ¿¿E agora qué fago??, pensa asustado o canciño

Entonces, en vez de saír correndo, quédase sentado dándolles as costas como se non los tivera visto, e cando a pantera está a punto de atacalo de novo, o canciño dille:


- ¡Este mono estúpido!, fai como media hora que o mandei traerme outra pantera e aínda non aparece!
 
 


- MORALEXA:

" EN MOMENTOS DE CRISE, SÓ A IMAXINACIÓN É MÁIS IMPORTANTE QUE O COÑECEMENTO.
Procura ser imaxinativo como o can, evita ser estúpido como a pantera, pero nunca sexas tan CHISMOSO como o MONO.