38. ¿Lembras o do parrulo?

Había un neno pequeno visitando aos seus avós na granxa. Tiña un tirachinas co que xogaba todo día no bosque pero nunca daba no branco. Un pouco desilusionado, voltou á casa para a cena. Ao acercarse á casa, divisou ao parrulo mascota da avoa. Sen poder conterse, usou o tirachinas doulle na cabeza e matouno.

Estaba triste e espantado, con pánico, e agachou o cadáver do parrulo no bosque. Pero decatouse de que a súa irmá estivera observándoo. Susana vírao todo pero non dixo nada. Despois de comer a avoa dixo, "Susana, acompáñame a lavar os pratos." Pero Susana dixo, "Avoa, Pedro díxome que hoxe quería axudarche na cociña, ¿non é certo Pedro? E ela díxolle ao oído: "¿Lembras o do parrulo?" Entón, sen dicir nada, Pedro lavou os pratos.

Noutra ocasión o avó preguntoulles se querían ir de pesca, e a avoa dixo, "Síntoo pero un deles debe axudarme a preparar a comida." Pero Susana cun sorriso dixo, "Eu si podo ir, porque Pedro díxome que a el lle gustaría axudar." Novamente lle dixo ao oído "¿Lembras o do parrulo?" Entón Susana foi a pescar e Pedro quedou.

Transcorridos moitos días nos que estaba facendo as súas propias tarefas e as de Susana, finalmente non puido máis. Foi onde a avoa e confesoulle que el matara ao parrulo. Ela axeonllouse, deulle unha gran aperta e díxolle, "Meu ruliño, eu xa o sabía. Estiven parada na ventá e vino todo, pero porque te quero moito, perdoeite. O que me preguntaba era ata cando permitirías que Susana te tivera como escravo.

¿Ata cándo permitirás que os teus pecados sen confesar te manteñan escravo? Hoxe podes gozar da gloriosa liberdade se te decides a perdoar e a perdoarte.