29. Saber soltar

Un corvo colleu co seu pico un bo anaco de carne e, tras elo remontou axilmente o voo.

De súpeto advertiu que un gran número de corvos o seguían implacables, seguro que coa intención de arrebatarllo. Tal vez incluso estiveran dispostos a matalo ¿Qué facer en tal situación?. O animal procedeu con urxencia e sabedoría: soltou no acto o anaco de carne e seguiu voando.

Dende a distancia puido ver como os seus compañeiros se abalanzaban cara ao alimento, mordíanse violentamente entre eles e moitos quedaban feridos mentres ouros precipitábanse mortos ao abismo.

 Gracias a ter soltado o alimento, so el logrou saír indemne e fundirse, cheo de gozo, co horizonte.