28. Un bo anfitrión

Un turquestán Anwar Beg, posuía un fermoso cabalo, veloz e de magnífico pedigree. Todo o mundo o desexaba, pero Anwar refusaba vendelo, sen importarlle o prezo que le ofrecesen. Un amigo seu, un tratante de cabalos chamado Yakub, visitouno reiteradamente coa esperanza de poder mercar o cabalo. Anwar sempre se negou a vendelo.

Un día, ao escoitar que Anwar atravesaba momentos difíciles, Yakub pensou: ”Irei ver a Anwar agora. Sen dúbida desprenderase do cabalo porque coa venta recuperará a súa fortuna”. Sen perda de tempo se dirixiuse á casa do seu amigo. Como é costume neste país, Anwar deu a benvida a Yakub e agasallouno segundo a hospitalidade tradicional. En honor do hóspede serviuse unha comida e ambos compartírona con deleite.

Cando Yakub puido abordar o motivo da súa visita, Anwar respondeulle: ”Xa non é posible manter unha conversa sobre o cabalo, a hospitalidade ten prioridade; debido á miña pobreza, non tiña nada que ofrecerche e sacrificamos o cabalo para poder servir unha comida, cumprindo así do mellor modo posible as miñas obrigas de anfitrión”.

Lenda oral sufí.