21. A porta do corazón

Un artista contemporáneo pintou un cadro que amosa a Cristo nun xardín á medianoite: na súa man esquerda sostén unha lámpada mentres que coa dereita está chamando a unha  pesada porta.

 

O día no que se amosaba esta obra por primeira vez atopábanse presentes varios críticos de arte. Cando se descubriu a cortiniña, un dos especialistas achegouse ao artista para lle dicir:

 

-         Señor Hunt, ¿por que non rematou a obra?

 

-         Está rematada.

 

-         Pero se non hai pomo nesa porta.

 

-         Eso -dixo o artista- é a porta do corazón humano, e só pode ser aberta dende dentro.