User login |
Welcome to Escolas Proval High School WebsiteSubmitted by iesproval on Fri, 2017-09-01 23:14
Avda. Portugal, 171 / CP 36350, Nigrán (Pontevedra). Tlf.: 886 11 03 69 Fax: 886 11 03 74 ies.escolas.proval@edu.xunta.es VOCATIONAL TRAINING IN ELECTRONICS AND ADMINISTRATION INTERNSHIP IN COMPANIES. ERASMUS+ EUROPEAN PROGRAM
Doazón de sangueSubmitted by iesproval on Wed, 2021-01-13 18:15
O próximo martes 19 de xaneiro, en horario de mañá (10:00-14:30) e tarde (16:30-21:00 h), a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) instalará unha unidade móbil de recollida de sangue no noso instituto. Así que, se es maior de idade e pesas máis de 50 quilos, anímate a doar un chisco do teu sangue de forma segura! Máis información en: ados.sergas.gal ou no teléfono 900100828.
![]() Matrícula ESA e convocatoria final ordinariaSubmitted by iesproval on Mon, 2021-01-11 16:49
MATRÍCULA PARA O 4º TRIMESTRE EN 2º E 4º ESA: Prazo da matrícula: do 11 ao 19 de xaneiro. Presentación e incio do curso: 8 de febreiro ás 18:30 h. EXAMES CONVOCATORIA FINAL ORDINARIA. 1º CUADRIMESTRE 2020-2021:
Proceso de admisión 2021-22Submitted by iesproval on Thu, 2021-01-07 12:03
O próximo luns dará comezo o procedemento de admisión do alumnado que cambia de etapa. Así que, o alumnado deste instituto e dos nosos centros adscritos terá que solicitar a súa reserva de praza entre o 11 de xaneiro e o 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos. A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado. Poden descargar os impresos de solicitude premendo nos enlaces: Anexo1 e Anexo1bis Prazos:
Máis información: Consellería de Educación e Orde do 18 de decembro de 2020.
Comezo das clasesSubmitted by iesproval on Thu, 2021-01-07 11:42
Lembrámosvos que as clases retomaranse o próximo luns 11 de xaneiro xa que o venres 8 foi o día escollido polo centro como non lectivo. CONCURSO DE DEBUXO "CASTELAO"Submitted by iesproval on Wed, 2020-12-23 00:00
O 30 de xaneiro é o Día de Castelao, o Día da Ilustración e o Día da Paz, e para celebralo organizamos un concurso de debuxo inspirándonos na figura do escritor rianxeiro. Animádevos a participar porque haberá fabulosos premios: colección de libros de banda deseñada e pezas de artesanía galega!
CATEGORÍAS:
MODALIDADES:
Bo Nadal!Submitted by iesproval on Tue, 2020-12-22 22:19
"Doulle voz ás silenciadas"Submitted by iesproval on Sun, 2020-12-13 14:29
Como cada 25 de novembro, polo Día contra a violencia de xénero, desde o Equipo de Igualdade do Proval realizamos diversas actividades de concienciación encamiñadas a lembrar a figura de tantas mulleres vítimas de violencia machista. Este ano decidimos "darlle voz ás silenciadas" recreando as súas biografías en forma de relatos, tanto escritos como gravados. Agradecemos enormemente a alta participación do nso alumando en todas as modalidades, e animámosvos a ler os relatos gañadores premendo no enlace. Alumnado de ciclos FP admitido na Convocatoria Erasmus+Submitted by iesproval on Tue, 2020-12-01 19:49
Publicadas as listas de alumnado de ciclos medios e de ciclos superiores admitidos na Convocatoria Erasmus+ para a realización de prácticas en empresas europeas. 25 DE NOVEMBROSubmitted by iesproval on Mon, 2020-11-23 16:52
Como cada 25 de novembro, polo "Día contra a violencia de xénero", desde o Equipo de Igualdade do Proval promovemos diversas actividades co fin de concienciar a comunidade educativa e, asemade, visibilizar a realidade de moitas mulleres que o machismo deu en silenciar. É, por iso, que a nosa proposta deste ano leva por título "Doulle voz ás silenciadas" e consiste na elaboración dun relato escrito (200-250 palabras) -ou en formato de audio ou vídeo (cunha duración máxima de 3 minutos)- que complete a historia vital dalgunha das vítimas da violencia de xénero que podedes consultar no enlace. Nesta actividade pode participar todo o alumnado do centro en tres categorías diferentes: a) 1º/2º ESO; b) 3º/4º ESO/FPB; c) Bacharelato, ciclos e ESA. Enviade as vosas creacións ao correo igualdadeproval@gmail.com antes do 30 de novembro e dádelle voz ás silenciadas!
![]() |
Events
|