Bolsas MEC 2020/21

Submitted by iesproval on Mon, 2020-08-10 10:14

Conovocadas as bolsas e axudas para o estudo do Ministerio de Educación y Cultura destinadas ao alumnado que vai cursar estudos posobrigatorios e para o alumnado con necesidades especificas de apoio educativo (BOE do 8 de agosto).

  • Bolsas para alumnado de niveis posobrigatorios non universtarios (bacharelato, ciclos, FPBásica). Prazo para presentar a solicitude de bacharelato e FP: do 09/08/2020 ao 01/10/2020. 
  • Bolsas para alumnado con necesidade específica de apoio educativoPrazo para presentar a solicitude para secundaria e bacharelato: do 09/08/2020 ao 30/09/2020. 
  • Bolsas para alumnado universitario. Prazo para presentar a solicitude: do 09/08/2020 ao 15/10/2020. 

Para máis información sobre a tramitación destas bolsas, prémase no enlace.

 

( categories: )

Convocatoria extraordinaria ABAU

Submitted by iesproval on Sun, 2020-08-09 15:32

Información sobre a convocatoria extraordinaria ABAU 2020

  Datas: 15-17 setembro

  Sede da Comisión delegada: Pavillón Universitario. Campus de Lagoas-Marcosende, Vigo (CD 21). Número 456

 

Prazos:

  • Días 2-8: Matrícula anticipada on line (Nerta)
  • Día 8: Prematrícula (secretaría do centro)
  • Día 9: Matrícula ordinaria (Lerd)
  • Día 14: Matrícula extraordinaria logo da resolución das reclamacións (Lerd)
  • Día 24: Publicación das cualificacións provisionais
  • Días 25-29: Solicitudes de revisión das cualificacións
  • Día 30: Publicación das cualificacións defintivas

Máis información:

( categories: )

Actividades 1º CS Administración

Submitted by iesproval on Sun, 2020-08-09 11:58

Moitas foron as actividades realizadas polo noso alumnado durante o confinamento e, entre elas, destacamos desta vez as elaboradas polo 1º do ciclo superior de Administración na materia de Comunicación e atención ao cliente. Para veralgunhas destas tarefas, tanto curriculares como multidisciplinares -receitas caseiras e agasallos co gallo do Día da Nai-, premede no enlace.

 

Calendario avaliación extraordinaria 2019-20

Submitted by iesproval on Sun, 2020-08-09 10:07

Para visualizar o calendario das probas de avaliación extrordinaria de setembro na ESO, bacharelato e FPBI, e a ESA, prema nos enlaces da táboa.

ESO/BAC/FPBI calendario exames setembro
ESA calendario exames setembro

 

( categories: )

Matrícula ESA

Submitted by iesproval on Thu, 2020-07-23 13:48

Poderase formalizar a matrícula en 1º e 3º de ESA: desde o 27 ao 31 de xullo.

( categories: )

Premios extraordinarios de ESO e bacharelato

Submitted by iesproval on Wed, 2020-07-22 14:08

Convocados os Premios Extraordinarios de ESO e Bacharelato. Para acceder a un resumo das condicións para ESO, véxase a Orde do 13 de xullo e para Bacharelato Orde do 8 de xullo.

Prazos: para ESO, 20 días hábiles dende o 25 de xullo, e para Bacharelato, 30 días hábiles deende o 25 de xullo.

Importe do premio: 750 euros na ESO e 1000 euros no Bacharelato.

 

Listaxe provisional Fondo Libros

Submitted by iesproval on Tue, 2020-07-14 18:45

Publicada a listaxe provisional de admitid@s e excluíd@s nas axudas do Fondo solidario de libros e vales de material escolar para o curso 2020/21. Poden consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) presencialmente no taboleiro de anuncios da secretaría do centro ou por vía electrónica accedendo ao menú "cidadán" da aplicación telemática Fondolibros (empregando a Chave 365 ou o certificado dixital). No caso de estraren excluíd@s, poderán presentar a correspondente reclamación na secretaría os próximos 15 e 16 de xullo. O alumnado que teña que examinarse de materias en setembro, e que por tanto deba formalizar a matrícula nese mesmo mes, aparecerá na listaxe como "pendente" e deberá agardar a resolución defintiva que se publicará en setembro.

Os vales de material escolar poderanse recoller na secretaría do centro desde o martes 28 de xullo ao venres 31 de xullo; con todo, e para evitar aglomeracións, recomendamos que se respecte na medida do posible o seguinte calendario:

28 xullo vales para 1º ESO
29 xullo vales para 2º ESO
30 xullo vales para 3º ESO
31 xullo vales para 4º ESO

 

 

 

( categories: )

Listaxes provisionais de admisión a ciclos

Submitted by iesproval on Mon, 2020-07-13 23:55

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.

prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o luns 13 de xullo ata as 13:00 h. do mércores 15 de xullo de 2020, e deberase realizar no centro de entrega onde se presentou a solicitude.

Véxanse no enlace as instrucións para a consulta.

( categories: )

Calendario escolar 2020/21

Submitted by iesproval on Mon, 2020-07-13 00:00

Poden consultar o calendario escolar para o curso que vén no seguinte enlace.

( categories: )

Libros de texto para o curso 2020-21

Submitted by iesproval on Sun, 2020-07-05 20:07

Pódense consultar os libros de texto para o vindeiro curso premendo na táboa:

ESO  libros de 1º ESO
 libros de 2º ESO
 libros de 3º ESO
 libros de 4º ESO
BACHARELATO  libros de 1º BAC
 libros de 2º BAC

 

ADVERTENCIAS:

  • Algúns libros non se poderán concretar ata o comezo das clases.
  • Os libros ou materiais didácticos correspondentes a FPBásica non se poderán concretar ata setembro.
  • Recoméndase non escribir o nome do/a alumno/a nos exemplares nin forralos ata comprobalos na clase.
  • Recoméndase non mercar os libros correspondentes ás materias optativas ata o comenzo de curso.

 

( categories: )
Syndicate content