Carteis de Entroido

Submitted by iesproval on Thu, 2020-02-20 01:18

Velaquí os fermosos carteis gañadores do concurso de Entroido: 1º premio para Clara Rey (2º bacharelato B), 2º premio para Aarón Álvarez e Marco Casas (1º ESO A), e 3º premio para Pedro Pérez (1º ESO A). Parabéns pola vosa creatividade e noraboa aos demais participantes! Sen dúbida os nosos corredores quedarán máis alegres e estéticos coa vosa arte!!

 

( categories: )

Torneo de tenis de mesa

Submitted by iesproval on Thu, 2020-02-20 01:16

Algúns dos campións de tenis de mesa. Lembremos os finalistas: 
En individuais, 1 premio para Lucía Guitián (2 CS Administración e Finanzas), 2 premio para Elías Rodríguez de 1 ESO A e 3 premio para Rubén Gameiro de 4 ESO B.
En dobres, 1 premio para Luísa Pintos e Iberia González, e 2 premio para Jorge González e Sergio Moreda, todxs de 1 de bacharelato. 
Parabéns e a seguir xogando!

( categories: )

Torneo de hóckey

Submitted by iesproval on Thu, 2020-02-20 01:14

Aquí temos os campións de hóckey e campioas de dobres de tenis de mesa, todos de 1º de bacharelato B. En hóckey: Hugo Abalde, Adrián Alonso, Alejandro Domínguez, Jorge González, Santiago Martínez, Raúl Rocha e Aaron Salgueiro; e en tenis de mesa: Luísa Pintos e Iberia González. Noraboa, seguide así!

( categories: )

Proxecto Terra-APLU

Submitted by iesproval on Tue, 2020-02-18 21:40

Hoxe o alumnado de 2º e 3º ESO asistiu á charla “Eu son inspect@r urbanístic@. Coida do territorio. Coida do teu”, organizada polo departamento de Xeografía e Historia dentro do Proxecto Terra-APLU.

 

( categories: )

Sobremesas de Entroido

Submitted by iesproval on Sun, 2020-02-16 23:51

Nestes días non podía faltar outro clásico: o concurso de sobremesas de Entroido. Animádevos a participar co voso doce caseiro (orellas, filloas, bica, canas, chulas, rosquillas, torradas...) e un xurado especializado fará as catas para premiar os máis saborosos! 

 

 

( categories: )

Semana de Entroido

Submitted by iesproval on Sun, 2020-02-16 16:43

Para mantermos a tradición, lembremos: 
“Se te queres divertir,
co entroido do Proval,
estas pautas has seguir...”

( categories: )

África González e o "inmunopower"

Submitted by iesproval on Sun, 2020-02-16 16:42

Dentro da programación especial ofrecida polo concello de Nigrán nesta semana de celebración do Día da muller e a nena na Ciencia, visitounos hoxe outra das nosas veciñas científicas: África González Fernández, catedrática de medicina e presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía. Dirixiu o Centro de Investigacións Biomédicas CINBIO e foi cofundadora de NanolmnunoTech SL, empresa centrada na nanotecnoloxía. Ten traballado con varios Nobel, como César Milstein, e foi nominada aos premios Women Innovator 2017 pola Comisión Europea. Na súa charla de hoxe “As túas defensas ao poder: Inmunopower” -e co didactismo que a caracteriza- falounos do seu eido de investigación, a inmunoloxía, da súa traxectoria laboral e vital, analizou a presenza das mulleres no ámbito científico... pero, sobre todo, impartiu unha boa lección de humanidade, porque “nesta vida debemos valorarnos, querernos a nós mesm@s e sermos respetuos@s cos demais”...

 

 

( categories: )

Jack the Ripper

Submitted by iesproval on Sun, 2020-02-16 16:40

Whitechapel, agosto-novembro de 1888, un asasino en serie actúa impunemente aterrorizando Londres... pero tentaremos dar co culpable! Examinaremos os crimes de Jack the Ripper, observando atentamente as súas cartas e os informes médicos e policiais, así como os artigos xornalísticos da época. Coñeceremos a vida do Londres vitoriano a través de fotos antigas e maquetas. Analizaremos os sospeitosos e tentaremos decidir sobre a súa culpabilidade e, como non, ao sermos un club de lectura, leremos libros e cómics sobre o noso protagonista, e autores como Conan Doyle -a través do seu personaxe Sherlock Holmes-, o seu coetáneo Óscar Wilde e, por suposto, o gran Jules Verne; tres referentes da cultura literaria decimonónica e actual, de antes e de agora...

 

 

( categories: )

VI Olimpíada de Xeografía

Submitted by iesproval on Sun, 2020-02-16 16:36

Este ano foron as alumnas de 2 bacharelato A, Nerea Fernández, Denise Giráldez, Lidia Montes, Antía Pérez e Eva Piñeiro -xunto coa súa profesora Tereixa Otero- as nosas representantes na “VI Olimpíada Xeográfica de Galicia” celebrada hoxe na faculdade de Xeografía e Historia do campus compostelán; houbo que madrugar bastante pero pagou a pena vivir a experiencia! 

( categories: )

Listados de profesorado admitido nas mobilidades Erasmus+

Submitted by iesproval on Sun, 2020-02-16 01:50

  Publicadas as listaxes de profesorado admitido para a realización de mobilidades Erasmus Plus durante o presente curso académico.

Syndicate content