Skip to Content

Convocatoria de bolsas Erasmus+ para Ciclos Medios e Superiores de FP

Publicada a resolución definitiva de solicitudes admitidas da convocatoria de bolsas de mobilidade para a realización da FCT (decembro 2023). Pode consultarse nos seguintes enlaces:

Charla sobre o efecto de novas tecnoloxías, nos menores, no Auditorio de Nigrán

O Próximo venres desenrolarase no auditorio unha charla sobre os efectos da exposición nos menores de novas tecnoloxías como os teléfonos intelixentes, un asunto moi de moda hoxe en día e que afecta directamente ao ambiente educativo.

Calendario Exames Finais - Ordinaria de 1º e 3º ESA

CALENDARIO EXAMES FINAIS AVALIACIÓN ORDINARIA ESA. CURSO 2023-24:

MÉRCORES 31 DE XANEIRO
18:00-20:20

Exame Ámbito Lingüístico 1º e 3º

Aula 27

Isabel Acea 
21:00-22:20

Exame Ámbito Científico 1º e 3º

Aula 24 e Laboratorio de Bioloxía

Adrián Aires Calviño

Teresa Vázquez Sobreira

XOVES 1 DE FEBREIRO
18:00-20:20

Exame de Ámbito Social 1º e 3º

Aula 28

Tereixa Otero Dacosta
21:00-22:20

 Exame Ámbito Lingüístico Inglés  1º e 3º

Aula 27

Elena Chao Fernández

Está aberto o prazo de matrícula para os cursos de 2º e 4º da ESA ata o 31 de Xaneiro de 2024 e as clases darán comezo o 5 de febreiro.

BO NADAL!!!!!!!!!!!!

Concurso de relatos contra a violencia machista

 

CONCURSO DE RELATOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

"Doulle voz ás silenciadas"

Este ano 52 mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou exparellas. As noticias ás veces dinnos o seu nome, ás veces non; pasan a ser un número máis, unha vítima sen rostro, sen vida.

Nos nosos relatos imos honrar estas mulleres, facéndoas visibles, lembrando que tiñan persoas queridas, ilusións, desexos, preocupacións, familia..., lembrando que tiñan rostro e que estaban vivas. Podes acceder ñas súas biografías premendo na ligazón.

Para crear o noso relato, lemos o texto coas breves noticias sobre os asasinatos de todas esas mulleres e escollemos unha delas para sermos a súa voz.

Destacamos o seu nome, ou se non aparece, poñémoslle nós un nome, que será o título do relato. Logo contamos quen era, que lle gustaba, que facía, a quen amaba. Imaxinamos a súa historia, imaxinámola viva. E falamos por ela, en primeira persoa ou acompañándoa como unha voz amiga.

O relato terá un mínimo de 200 palabras e un máximo de 300. Presentarase nun documento de texto (word, pdf, odt...) e enviarase ao correo equipoedlproval@gmail.com Data límite de envío: 5 de decembro.

Este concurso, que ten como fin visibilizar as vítimas da violencia de xénero concienciar a toda a comunidade educativa sobre esta lacra, divídese en dúas categorías:

  • A: 1º, 2º e 3º de ESO e 1º FPB
  • B: 4º de ESO, 2º FPB, bacharelato, ESA e ciclos.

Haberá tres premios por cada categoría (entregaranse en vales para a cafetaría do centro): 

  • 1º premio: 15€
  • 2º premio: 10€
  • 3º premio: 5€

Organizan: Departamento de Galego, Equipo de Dinamización da Lingua Galega e Equipo de Igualdade

 

Syndicate content


by Dr. Radut