Os equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros do Val Miñor: IES Escolas Proval (Nigrán), IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar), CEIP Carlos Casares (Nigrán) CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios (Nigrán), IES Primeiro de Marzo (Baiona) e IES Val Miñor (Nigrán), en colaboración cos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona, convocan por quinto ano consecutivo o V Certame de Micropoemas Beatriz da Serra, dirixido a todo o alumnado dos centros educativos do Val Miñor.
CATEGORÍAS:
- a) alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria
- b) alumnado de 1º, 2º, 3º ESO, PDC e FP Básica
- c) alumnado de 4º ESO, bacharelato, ESA e ciclos formativos
BASES: