Skip to Content

Resultado do concurso do logo da ANPA

O pasado martes, 31 de outubro de 2023, o xurado, despois dunha valoración detallada e moi rigurosa, deciciu que os premiados son:

 

 

1º Premio: Adriana Grandal Alonso, 3º ESO B: Logo oficial e gañadora dun vale por 50 euros en Decathlon.

 

 

 

 

2º Premio: Yago Vives Rubio, 2º ESO B: Gañador dun vale por 30 euros en Decathlon.

 

 

3º Premio: Sara Pérez Pedreira, 3º ESO B: Gañadora dun vale por 20 euros en Decathlon.

Charla becas Erasmus+

O próximo venres, 20 de outubro, ás 12:20 poderedes asistir a unha charla explicativas das becas Erasmus+ por parte dos responsables dos programas internacionais do instituto.

Animádevos a probar unha experiencia única e moi enriquecedora!!!!!!!!

Presentación curso 23-24

 

 

 

 

 

 

 

 

O vindeiro martes, 10 de outubro, ás 18:00 h. terá lugar no salón Multiusos do instituto o acto de presentación do curso dirixido ás familias dos grupos de ESO, Bacharelato e FP básica co equipo directivo e titoras/es destes grupos.

 

 Agradecedendo de antemán a súa asistencia, 

 

Saúdos do Equipo directivo do IES Escolas Proval 

NOVO CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL

 

Despois da boísima acollida do primeiro curso no mes de xullo o Instituto volve ofertar unha nova edición do curso de capacitación para persoas maiores. Debaixo destas liñas teñen o folleto con toda a información ao respecto.

MÓDULOS CON VACANTES PARA ADULTOS EN CICLOS DE RÉXIME ORDINARIO

Prema na seguinte ligazón para saber en que modulos hai todavía prazas dispoñibles:

PRAZAS DISPOÑIBLES!!!

 

A matrícula farase no prazo comprendido entre o 18 e o 22 de setembro, por estrita orde de chegada de solicitudes de maneira presencial. O proceso de matriculación neste réxime rematará as 13:00 horas do día 22 de setembro.

Syndicate content


by Dr. Radut