FAMILIAS - ANPA O Castro
|
Educación Plástica
Visita a Ferrol: Museo de Historia Natural e meninas e Canido
Enviado por anapalmero o Xov, 06/06/2024 - 21:28
O martes 28 de maio o alumnado de 1.º ESO visitou o Museo de Historia Natural da SGHN de Ferrol. Tamén fixeron un roteiro polas Meninas do bairrio de Canido.
Visita de Julia Vilariño, sombrereira
Enviado por Gonper o Xov, 25/04/2024 - 10:15Onte tivemos a sorte de recibir a visita de @julia_vilarino na biblioteca. Julia é unha muller emprendedora e artista sombrereira. Falounos de cousas como de que se sinte orgullosa de ter retomado un oficio que antes era só de homes, de que é un traballo moi sostible onde todo se aproveita, de que agora utilizanse materiais non tóxicos porque antes non era así e de aí a cousa de “ sombrereiro tolo”, do seu proceso de traballo tanto creativo como artesanal, do seu periplo vital que a levou a onde está hoxe… A visita rematou cunha chea de preguntas que o alumnado tiña preparado en base a unha lista de cotexo que ían cubrindo mentres escoitaban, pero podo dicir gratamente, que esta visita de Julia Vilariño desatou tanto interese que preguntaron fora do guión ata que rematou o tempo.
Visita ao CIEC de Betanzos
Enviado por montse.arza o Lun, 29/05/2023 - 17:00Alumnado do Club de Lectura e mais de Debuxo Artístico I visitan o Centro Internacional da Estampa Contemporánea de Betanzos.
Experimentación con materiais (Educación Plástica-3.º ESO)
Enviado por Gonper o Lun, 13/03/2023 - 13:11Materiais de Educación Plástica, Visual e Audiovisual (EPVA)
Enviado por Gonper o Lun, 05/07/2021 - 10:22Blog de plástica
Enviado por Gonper o Dom, 17/05/2020 - 10:08Blog onde se publican os retos neste período de confinamento.
Visita guiada á exposición Quessada e o seu tempo
Enviado por Gonper o Mér, 25/01/2017 - 20:47O alumnado de Historia da Arte (2.º Bac) visitou esta semana a exposición antolóxica do pintor Xaime Quessada (1937-2007), aberta no centro cultural Torrente Ballester de Ferrol.
Obradoiro de fotografía social
Enviado por admin o Xov, 10/11/2016 - 23:23O alumnado de 3º ESO asistiu esta mañá ao obradoiro de fotografía social impartido por Federico Carnoto. Abordáronse asuntos relacionados co fotoxornalismo e a fotografía documental. Por exemplo, o respecto polas persoas fotografadas e o visionado de traballos deste autor en Nicaragual e e na ruta dos refuxiados sirios. Ao longo da actividade quedou claro que a fotografía e a imaxe pode ser unha potente ferramenta do cambio social.
O obradoiro está patrocinado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade a través da acción do Concello de Mugardos.
Felipe Carnotto: web
Inauguración da exposición "Noméame e dáme un sentido"
Enviado por Gonper o Mér, 07/05/2014 - 21:35Ás sete da tarde do 7 de maio, inauguramos na sala OMIX do Concello de Mugardos a exposición de fotografía abstracta ·Noméame e dáme un sentido". Máis de corenta imaxes realizadas polo alumnado de 4.º ESO coordinado polo profesora en prácticas Belén Naveira e Marta González.
Ao acto acudiu numero público e autoridades. Ata o vindeiro 30 de maio permanecerá aberta ao público en horario de mañá. Os visitantes poderán contribuír pondo un título a cada serie de imaxes.
Parabéns aos artistas!!!