blogue deadmin

Enquisa sociolingüística - FAMILIAS

A semana do 18 ao 22 de maio recolleremos o cuestionario
Proxecto Lingüístico de Centro (PLC).
A súa finalidade é coñecermos o contexto sociolingüístico do alumnado.
Trátase dunha equisa anónima. Cada pai e nai pode cubrir un só
cuestionario,
ata un máximo de dous por familia.

Enquisa en pdf

  

Grazas pola súa colaboración

 

Feira das Matemáticas

Alumnos de 3.º ESO coa profesora Covadonga Rodríguez-Moldes atenderon o stand do noso instituto na Feira da Matemáticas, celebrada este sábado na Coruña. Coa particiàción do público conseguiron realizar a 5.º interacción da alfombra de Sierpinski.

 

 Fotos na galería
Díptico explicativo

A voz de Ferrolterra

Orgullosos de Javier Maceiras (1.º BAC.) pola súa gran actuación e levar o nome do instituto ata o primeiro posto na edición deste ano do Canta Ferrol. Parabéns tamén a Iria Regueiro que actuou como artista invitada.

1.º Premio e finalistas do Emprende Ferrolterra Xove, 2015

 

 

 

1.º Premio Emprende Xove da Asociación Jóvenes Empresarios (AJE) 

de Ferrolterra na categoría de bacharelato ao proxecto empresarial 
titulado Sensateca presentado polas alumnas 
Inés DíazTania García e Natalia Fontán.

Asemade, quedou finalista o proxecto Traveling Objects 
realizado por Javier Lorenzo, Antón Sánchez e Álvaro Romaus.

Parabéns a todos os participantes e a Mara Meiriño
profesora de Economía e do Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras.


Galería de imaxes

 

 

Duatlón escolar en Ares

Esta mañá o alumnado de 1º e 2º ESO participou, conxuntamente con outros centros educativos de Mugardos e Ares, na actividade deportiva de duatlón escolar polas rúas de Ares. Parabéns aos participantes e aos organizadores.

Proxecto 25 de abril

O boletín da biblioteca da Escola Secundária Alfredo dos Reis Silveira (ESARS) dá conta das actividades do Proxecto 25. Trátase dun programa de colaboración entre os departamentos historia dos dous centros para a abordaxe didáctica da historia contemporánea a partir da conmemoración do 25 de abril en Portugal.

Por segundo ano, o alumnado de 1º. BAC viaxou a Lisboa, concretamente ao concello do Seixal na marxe esquerda do río Tejo, e ademais de varios actos de convivencia puido realizar unha visita guiada ao Forte de Peniche, asistir ao concerto do grupo Buraka Som Sistema e ter a vivencia da cidade de Lisboa no día sinalado do 25 de abril.

Nesta ocasión, un profesor do departamento de lingua galega continuou a estancia en Portugal a cargo de fondos europeos incluídos nun programa de mobilidade Erasmus+. O plan de traballo incluíu a presenza en aulas de lingua e literatura portuguesa e varios encontros con intercambio de experiencias e estudo da posibilidade de establecer no noso instituto a lingua portuguesa como segunda lingua estranxeira.

 Boletim BI-esARS

Imaxes na galería

Viaxe a Barcelona (4.º ESO)

25 de abril en Portugal (Viaxe de 1.º BAC)

O alumnado de 1.º BAC da modalidade de Humanidades e algúns de ciencias, está a pasar estes días no concello de Almada, localidade veciña de Lisboa, na marxe esquerda do río Tejo. A viaxe organizada polo departamento de Xeografía e Historia encádrase nun proxecto de irmanamento coa Escola Secundária Alfredo Silveira dos Reis (Torre da Marinha-Seixal). Entre as actividades previstas están o paseo pola capital lisboeta, unha visita ao penal do castelo de Peniche guiada polo histórico dirixente Álvaro Pato; e a asistencia a varios actos de celebración do 25 de abril.

Fotos na galería

Día do Libro

Camiño de Santiago (1.º BAC.)

O alumnado de 1.º BAC realizou onte o treito do Camiño de Santiago entre Triacastela e Sarria, por Samos.

 Imaxes na galería

Viaxe a Guimaraes (2.º ESO)

O alumnado de 2º. ESO pasará esta fin de semana na localidade portuguesa de Guimaraes dentro das actividades do Programa Terra. Desenvolven un amplo programa de actividades que inclúe a visita ao castro de Briteiros e rutas guiadas polo castelo e a cidade.

Galería de imaxes


Campionato provincial de Orientación

     

O pasado xoves participamos no
Campionato escolar provincial de orientación
nas instacións de Acea da Ma (Culleredo).

Esta disciplina deportiva está a ser todo un
descubrimento para o noso alumnado que
durante este curso xa puido practicar varias
tardes dos martes na Pedreira.

Salientamos a obtención de medalla de
bronce para a alumna Sara Salido na
categoría infantil.

Parabéns a todos e todas.

Campionato de Orientación

 

 

Explícoche matemáticas 2.0

Estes son os catro vídeos presentados ao concurso Explícoche Matemáticas 2.0, realizados polo alumnado do IES de Mugardos.

 

Olimpíada de Economía

As alumnas de 2.º Bacharelato Verónica González, Fátima Díaz e Yaiza Loureiro participaron o pasado 9 de abril na Olimpíada Galega de Economía que tivo lugar na Facultade de  Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de  Compostela.
Merecen un enorme recoñecemento xa que nestas datas están a enfrontar a recta final do curso, con moitos exames e moito estrés. E aínda así empregaron toda unha longa tarde nesta actividade. Parabéns polo esforzo adicado.

Rifas pro-excursión fin de curso (4.º ESO)

Segundo o sorteo do cupón da ONCE do 19 de marzo, o número premiado foi o

8647

Circular sobre a folga estudantil (24 de marzo)

Preme na imaxe ou abre o arquivo adxunto.

NOTA IMPORTANTE: Os exames fixados para o martes, 24 de marzo, adiáronse maioritariamente para o luns anterior e uns poucos para o mércores e xoves.

Eclipse parcial de sol do 20 de marzo

Durante a vindeira mañá do venres 20 de marzo, poderemos observar unha eclipse parcial de Sol. Os datos básicos para os concellos de Mugardos e Ares son os seguintes:

  • Comezo: 9:06 horas
  • Máximo: 10:09 horas
  • Remate: 11:18 horas
  • Duración: 2 horas e 12 minutos
  • Magnitude: 0,80
  • Escurecemento: 76%

  Ese día non haberá clase ao ter a consideración de festivo na comunidade autónoma de Galicia. Recomendamos aproveitar a xornada para profundizar en todos os conceptos científicos e valoracións que suscita este fenómeno. Sen esquecernos de tomar todas as medidas de precacución necesarias, máis se temos menores ao noso cargo. Como en calquera día, non pode observarse o Sol directamente: nin con aparellos, nin filtros nin a simple vista.

Máis información:

- Instituto Geográfico Nacional

- Gciencia

Primeira reunión para os Premios Estudo e Deporte

O pasado martes reuniuse a Comisión dos Premios Estudo e Deporte para botar a antar a cuarta edición desta iniciativa que ten por finalidade promocionar a actividade física e valorar o esforzo dos nosos estudantes no eido académico e deportivo. Na convocatoria participaron os representantes dos Concellos de Mugardos e Ares, do Club de Remo, a SDC Galicia de Mugardos, a ANPA e mais do instituto coa presenza por primeira vez do sector do alumnado.

Entre todos puideron valorar as propostas de modificación das bases e o procedemnento do baremo. Asemade, aprobouse a listaxe de participantes que neste curso ascede a 120 matriculados no instituto que practican deportes ou actividades físicas regulamentadas. Deste xeito, están implicados 31 clubs e asociacións da comarca que contan cun gran número de adestradores e adestradoras cuxo labor resulta imprescindible. Por iso, a Comisión decidiu dedicar o acto da entrega dos Premios Estudo e Deporte a enxalzar a figura dos adestradores.

Visita a centros de FP en Ferrol

O alumnado de bacharelato visitou este xoves, 12 de marzo, as instalacións de varios centros de FP de Ferrol: CIFP Rodolfo Ucha e CIFP Ferrolterra. Deste xeito puideron coñecer a oferta educativa de diferentes familias profesionais.

Unha curta do IES de Mugardos

Parlamento Xove, 2015

Boa participación na edición deste ano do Parlamento Xove, a competiciòn de oratoria patrocinada pola Direccón Xeral de Xuventude.

Aínda que quedamos ás portas de clasificación para a final, tanto o equipo da ESO como o de Bacharelato acadaron moi boas puntucións nos debates. Parabéns aos participantes e coordinadores.

Concursos matemáticos

Circular sobre a folga estudantil convocada para o 25 e 26 de febreiro

 PREMER NA IMAXE OU ABRIR DOCUMENTO ADXUNTO

Tempo de lembranzas

Serie de gravacións sobre a memoria histórica de Mugardos. Comeou no curso 2013-2014 cun encontro con mulleres no Local Social de Maiores e unha charla con Guillermo Gallego. A máis recente é a gravación da charla mantida con Loli Vázquez Filgueiras.

Lista de reprodución na Canle YouTube.

Festival de Entroido

F e s t i v a l    d e    e n t r o i d o

Festival de entroido (venres, 13 de febreiro)

 

 

Charla con Loli Vázquez

 A biblioteca foi escenario hoxe dunha emotiva lección de historia a cargo de Loli Vázquez. Diante dun atento auditorio de alumnos e alumnas de 4.º ESO e bacharelato,  a coñecida mugardesa foi dando testemuño da memoria persoal, familiar e colectiva de Mugardos durante a posguerra e a  loita contra a represión franquista.

Proximamente, publicaremos a gravación da charla dentro da serie de entrevistas "Tempos de lembranza", comezadas o curso pasado.

Unha vez máis, Loli, moitas grazas.

Distribuir contido