Un ano máis o alumnado de 1.º e 2.º ESO tivo a oportunidade de gozar dunha mañá dedicada á práctica de deportes náuticos: batel, veleiro, kayak e padelsurf. A actividade inclúese dentro do programa Deporte Escolar, organizado polos servizos deportivos dos concellos de Ares e Mugardos e as instalacións do Clúb Náutico de Ares.
Un ano máis o alumnado de 1.º e 2.º ESO tivo a oportunidade de gozar dunha mañá dedicada á práctica de deportes náuticos: batel, veleiro, kayak e padelsurf. A actividade inclúese dentro do programa Deporte Escolar, organizado polos servizos deportivos dos concellos de Ares e Mugardos e as instalacións do Clúb Náutico de Ares.
Segundo a Circular 2/2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, para o curso 2017/2018.
As reclamacións contra as cualificacións finais obtidas nas materias de 2º de Bacharelato presentaranse por escrito na secretaría do centro e dirixidas á Dirección desde o mércores 23 de maio ata as 14:00 horas do Xoves 24 de maio de 2018.
As instancias pódense recoller na Secretaría do centro.
Ás 13:00 horas do Venres 25 de maio notificarase a resolución dos Departamentos ao alumno/a e representantes legais.
O prazo para presentar solicitudes de reclamación á comisión de supervisión remata o Luns 28 de maio de 2018 ás 14:00 h.
Para máis información consulte o portal educativo da Xunta de Galicia. URL:
Allumnas de 3.º ESO participaron esta fin de semana no Día da Ciencia na rúa que se vén celebrando na cidade da Coruña. Coordinadas polas profesoras Carmen Bernabéu e Esther Rodríguez, atenderon ao público con explicacións e varios experimentos de reaccións químicas.
Esta mañá o alumnado de 1.º ESO participou na biblioteca dun encontro con Concha Cortizas e Loli Vázquez que lles falaron das súas vivencias e experiencias no Mugardos de cando eran nenas. A escola, a formas de diversión, os transportes, os traballos... O noso sincero agradecemento por este achegamento e gran vontade de comunicación coas novas xeracións.
Ao longo das dúas últimas semanas o alumnado de 1.º e 2º. ESO tivo a oportunidade de achegarse nas clases de Educación Física ao remo. Grazas á colaboración do Club do Mar de Mugardos, tivemos varias sesións de remoergómetro no pavillón e logo, en varias quendas, a saída ao mar que para moitos era a primeira vez.
A mañá do xoves, 26 de abril, celebrouse no IES de Canido de Ferrol a fase de zona da Olimpíada Matemática para alumnado de 2º. ESO. O noso centro estivo representado por Jacobo, Juan e Elisabeth acompañados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.
O día 7 de maio darase a coñecer a relación dos seleccionados en cada zona para acudir á Fase Final Galega que será o día 24 de maio.
A doutora Ana Martínez Lorente, da Consellería de Sanidade, impartiu este o martes pola tarde unha sesión formativa para o alumando de 1.º e 2.º ESO. Deseguido mantivo unha interesante charla sobre alimentación saudable cun grupo de nais e profesores.
O sábado 7 de abril tivo lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense a Olimpíada Galega de Economía. O departamento de Economía do IES Mugardos enorgullécese de ter participado un ano máis, contando coa participación do alumno Nicolás Nieto, da materia de Economía de Empresa (2.º Bac).
Para el e para a profesora Mara Meiriño, o noso recoñecemento pola boa disposición e esforzo. Parabéns!
Unha numerosa representación de máis de trinta alumnos e alumnas de 2.º e 3.º ESO asitiron á Feira Matemática, que se celebrou este sábado no Palexco da cidade da Coruña. Coordinados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes, pasaron a xornada completa a atender ao público en dous stands: un centrado na construción de formas xeométricas con palliñas e outro na memorización de deciñais do número PI. Salientamos a dedicación e bo trato coas explicacións ao público de todas as idades. Un ano máis, grazas e parabéns por levar o nome do IES de Mugardos a esta importante cita da divulgación científica.
Ademais, a xornada rematou coa grata sorpresa da entrega do primeiro premio do Concurso de Esopías ao alumno Bruno Sánchez Cuervo (2.º ESO):
O pasado venres, 23 de marzo, todo o alumnado e profesorado interesado puido gozar dunha práctica de ioga tibetano. As sesión foron dirixidas pola especialista Beatriz Romero (Sonän Donyö), instrutora de ioga tibetano e meditación e monitora de ioga para nenos. Agradecemos a súa presencia no instituto e esperamos poder contar con máis ioga no futuro.
O xoves pasado o alumnado de 1.º e 2.º ESO venceu a chuvia, o vento e o frío na carreira de orientación celebrada en Monfero xunto con outros centros que participamos no programa Xogade. Trátase, ademais, dunha proba preparatoria para a fase provincial que se vén realizando en Culleredo.
Esta semana comezou o torneo mixto de volei cun grande éxito de participación. En total inscribíornse 17 equipos: nove na categoría infantil e oito xuvenís. O calendario de encontros está no taboleiro de Educación Física.
Solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo. O alumado dos centros adscritos de primaria que xa fixo a reserva de praza e o alumnado que xa está a cursar a ESO ou o Bacharelato no noso centro non precisa facer ningún trámite neste procedemento posto que ten garantida a praza. Non obstante, para conservar a praza deberá matricularse dentro dos prazos establecidos. Tres xeitos de presentar a solicitude:
O alumando de 1.º ESO e FP Básica de agroxardinaría tivo a oportunidade onte de visitar as instalacións do viveiro e granxa Plantamus do concello de Ordes. A continuación reaizaron a visita guiada polo Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.
O 23 de Febreiro celebramos o Día de Rosalía convocando un concurso de poemas musicados aberto a todo o centro. Queremos salientar tanto a participación do alumnado como a calidade dos traballos, e por suposto, felicitar ás alumnas gañadoras.
Ata este venres estivo no corredor de entrada do intituto a exposición sobre o holocausto (Mathausen). Para seguir ampliando a información dos paneis, podedes visitar:
O alumnado de 4.º ESO instalou este venres na entrada do centro o tradicional posto de venda de produtos que nesta ocasión xuntaron as larpeiradas do entroido cos agasallos de san valentín. Todo conta para recadaren fondos para a viaxe a París que xa está próxima.
Este xoves todos os grupos de Educación Física bailaron unha roda cubana dirixida por Jesús Marcos Doval, do club de baile Móvete. Salientamos o magnífico ambiente acadado e a interacción moi positiva entre diferentes cursos e cos docentes que tamén participaron na actividade.
O alumnado de 4.º ESO e FP Básica realizou esta semana o roteiro "Ferrol Rebelde". Trátase dun percorrido guiado polos lugares máis significativos da loita obreira na cidade ferrolá. Comeza a finais do século XIX cos nomes e lugares da publicación El trabajo (1871) e remate coa morte de Moncho Reboiras (1975).