Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

Actividades EDL

Lingua WÓLOF (I)

Wólof, Baobab, Griots... Hai xa bastantes anos que temos en Galicia xente procedente do Senegal que fala wólof.

Que sabemos deles, do seu idioma, da súa cultura?

A súa lingua, do mesmo xeito que a nosa, sobreviviu na oralidade e no ámbito familiar.

Este pequeno vocabulario quere ser o inicio dunha estrada lingüística que conecte pobos, xentes e culturas.

Coa colaboración dos alumnos de Bacharelato: Djibril Diagne, Birama Fall e Álvaro Fernández Allegue.

<-- PREME NA IMAXE

A aula de tócame-roque

Nós, feminino plural (actividades de marzo)

Retratos de Muller
Lectura expresiva de "Artes Escénicas (4.º ESO)

 

Algunhas das actividades previstas no mes da muller no noso centro son:

  • Mércores 8: elaboración de carteis, pancartas e manifestos para expor no recreo. Ensaio performance 1° Bacharelato no centro.
         

    Luns 13: entrega de chapas e imáns con lemas sobre o empoderamento da muller deseñados polo alumnado de 2° ESO (haberá postos nos recreos).

  • Venres 17: versión do xogo "Quen é quen" organizado polo alumnado de 3° para dar a coñecer mulleres destacadas (recreo diante da cafetaría).
  • Xoves 23: performances do alumnado de 1° Bacharelato. Ataques sorpresa en varios puntos de Mugardos.
  • Martes 28: charla de colectivos "trans".

EXPOSICIÓN: "1000 años de arte en feminino / A Thousand Years of Women Painters"

 

Premio 25 de novembro: canción (3.º ESO)

AUTORA: Ariadna (3.º ESO)


1:45 minutes (4.01 MB)

Premio 25 de novembro: monólogo (4º ESO)

Mención especial do xurado

AUTORA: Marta Rumbo (4º ESO)

Premio 25 de novembro: monólogo (4º ESO)

AUTORA: Noa Martínez Fariña (4.º ESO)

Premio 25 de novembro: fotografía (3º ESO)

AUTORA: Uxía Fernández (3.º ESO)

Premio 25 de novembro: canción (1º BAC)

AUTORA: Carolina (1º bacharelato)


1:10 minutes (2.68 MB)

Premio 25 de novembro: canción (1º BAC)

AUTOR: Birama (1.º bacharelato)


3:23 minutes (3.1 MB)

Samaín, 2016

   

PREMIO DE CABAZAS, 2016

   

 

   

 

 

Maio das Letras

 

Día de Rosalía (24 de febreiro)

 Gravación de varias estrofas do poema inicial de Cantares Gallegos realizada polos alumnos e alumnas de 1.º ESO-B no día de Rosalía de Castro, 24 de febreiro de 2016.

 


 Tradución da "Negra sombra" por Nadine, auxiliar de conversa no programa CUALE:


1:08 minutes (1.07 MB)

Festival de entroido, 2016

Bases

   

Celebración do magosto

Actualización:

Diplomas aos equipos da xincana deportiva.


Como en anos anteriores, a celebración do magosto incluíu o reparto de castañas ofrecidas pola ANPA e a organización da xincana lúdica. Ademais, o alumnado de 4.º ESO repetiu a venda de produtos para recadar fondos para a excursión de fin de curso.

 http://picasion.com/

 

Samaín, 2015

  • Primeira produción audiovisual do "Obradoiro de teatro" de 1.º bacharelato:

  • Venda de comida e bebida para a excursión fin de curso (4.º ESO):

  • Entrega dos premios do xa tradicinal concurso de cabazas convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística. O xurado tivo dificil labor para elixir as obras de arte gañadoras.

 http://picasion.com/

Samaín

          

CONCURSO de CABAZAS

1. Pode participar o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO (non os seus familiares).

2. Repartiranse cabazas nos recreos do luns 26 e do martes 27 na entrada do centro.

3.Só se pode presentar unha cabaza por participante, que pode ser unha persoa ou un grupo (un máximo de 3 alumn@s).

4. Cada “obra” deberá ter un nome en galego e ir acompañada dun texto no que se explique como xurdiu a idea e cal foi o proceso de creación (mínimo 10 liñas).

5. Das cabazas transformadas valorarase:

   * a orixinalidade (do nome e da peza) e

   * o coidado con que foi feito o traballo (tanto o manual como a redacción do texto explicativo).

6. As cabazas transformadas deixaranse no expositor da entrada a partir do martes 27de outubro.

7. Entregarase en Conserxería un sobre pechado no que figure por fóra o nome da cabaza. E dentro indicara(n)se  o(s) nome(s) e o curso do(s) participante(s).

8. O xoves 29, durante o primeiro recreo, o xurado escollerá aos gañadores.

9. Serán membros do xurado dous profesores, dous alumnos e outra persoa do centro.

10. Haberá dous premios para cada modalidade de participación (individual e en grupo).

11. Os premios incluíran vales para a cafetería e un agasallo sorpresa.

12. Os gañadores daranse a coñecer no Salón de Actos o xoves día 29 no segundo recreo.

 Organizan:

VICEDIRECCIÓN e EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

        
Distribuir contido