blogue deadmin

Despedida de 2.º bacharelato


Preme na imaxe para ampliar      

 Este martes, 24 de maio, celebramos a despedida de 2.º bacharelato correspondente á promoción 2014-2016. O propio alumnado organizou e amenizou o acto con varias actuacións musicais e o visionado das imaxes do seu paso polo centro e excursións realizadas. Contou coa intervención dos profesores titores Francisco Canoura e Telmo de Paz que ademais foron os encardados de entregar os boletíns académicos. 

Finalmente, salientamos a mención das dúas matrículas de honor ás alumnas Raquel Ibón e Clara Morado nas modalidades de bacharelato científico e de humanidades, respectivamente.

Esta promoción, unha das máis númerosas dos últimos anos, salientou pola súa evolución académica e trato xovial. Moita sorte, bachareis. Parabéns!!!

Xornadas sobre o Proxecto Deportivo de Centro

O pasado venres, as profesoras Lecicia Ogando e Covadonga Rodríguez-Moldes participaron nas I Xornadas sobre o Proxecto Educativo de Centro e promoción de hábitos saudables celebrado no salón de actos do INEF  en Bastiagueiro. Neste foro puidon expoñer as actividades desenvolvidas no noso centro e a organización dos Premios Estudo e Deporte.

Enquisas

 DÚAS ENQUISAS

       1PREME NA IMAXE ou neste enderezo
http://goo.gl/forms/1bfPIMTPJagfcch13


 

    2

 

PREME NA IMAXE ou neste enderezo
http://goo.gl/forms/MD3J3SFpgMbBnhDq1

 

Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa

Este galardón oficial da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia recoñece o Plan Deportivo de Centro do IES de Mugardos que se basea, por unha banda, na extensa programación de actividades impulsadas poio Departamento de Educación Física; e por outra, na convocatoria anual dos nosos Premios Estudo e Deporte.

 

A gala de entrega celebrouse o 12 de maio, no Teatro Principal da cidade de Ourense. Ademais da dirección e profesorado, acudiron representantes do Concello de Ares: Eugenio Fernández, concelleiro de Cultura, e  Javier Sánchez, técnico municipal de deportes. Por parte da ANPA, Manuel Brage e do alumnado, Sara Vázquez.

 

 Recolleron a acreditación, a a profesora de Educación Física, Leticia Ogando, e a coordinadora dos nos Premios Estudo e Deporte, Covadonga Rodríguez-Moldes.

Entre outros galardoados salienta o Premio ao mellor deportista mastulino para Javier Gómez Noya, primeiro triatleta da historia en ser Pentacampión do Mundo.

                                                                                                                              FOTO: La Voz de Galicia (Ourense)

Ver listaxe completa de galardoados

 

LIGAZÓNS:

- Secretaría Xeral para o Deporte

- Portal educativo da Consellería de Educación

- Concello de Ares

- DIARIO DE FERROL (13 de maio)

- Galería La Voz de Galicia

       

Proxecto 25

 


 

Maio das Letras

 

FILOXORNAL 2016

Bases do

Premio

Filoxornal

2016

Calendario fin de curso: 2.º BACHARELATO

 

Actividade

Horario

20 de maio

Último día de clase.

 

23 de maio

Avaliación.

16:15-18:00 horas

24 de maio

Entrega de notas.
Acto de despedida da promoción 2014-2016.

12:45 - 14:25 horas

Do 24 ao 25 de maio

Reclamacións.

 9:00 - 14:00 horas

Do 24 ao 27 de maio

Pre-matrícula PAU no centro.

 

     
       8, 9 e 10
       de xuño
Probas de Acceso á Universidade (PAU).
 
      17 de xuño
Publicación das cualificacións provisionais.  

Excursión fin de curso a Barcelona (4.º ESO)

  

Iniciación ao remo no Club do Mar (2)

           

 Esta semana tocoulle aos
alumnos e alumnas de 1.º
e 2.º
ESO asistir á sesión de
iniciación  ao remo no Club
do Mar de Mugardos.
Deste xeito, todo o alumnado
da ESO tivo a oportunidade de
coñecer este deporte e para
algúns foi a primeira vez que
saían á ría como remeiros.

Agradecemos ao Club do Mar
esta iniciativa e acollernos tan
amablemente nas súas
instalacións.

 

   

Trivia game winners

Profesores en prácticas

No último claustro tivemos a oportunidade de despedirnos dos profesores en prácticas que a longo dos últimos meses estiveron realizando este período de formación entre nós. Trátase ademais de tres ex-alumnos do centro, o que nos enche de orgullo e satisfacción: Raquel Cartelle, de lingua inglesa;  Rosa Fernández, de lingua castelá e Adrián González, de Educación Física.  Recibiron o recoñecemento do claustro polo labor realizado e desexámoslles moitos éxitos para desenvolver a súa vocación docente.

Premio do Deporte Galego

Distribución de froita fresca

 

 

SEMANA DA FROITA

18-22 de abril

 

Luns: mandarinas

Martes: mazás

Mércores: plátanos

Xoves: amorodos

Venres: melón

               

Iniciación ao remo no Club do Mar

Grazas ao Club do Mar de Mugardos, todo o alumando de 3.º e 4.º ESO asistiu esta mañá a unha sesión de iniciación ao remo. O tempo axudou e foi unha experiencia moi gratificante tanto para os que xa practican este deporte coma para os que saíron por primeira vez ao mar.

Matemáticas na raia

A tarde do pasado 14 de abril, o grupo de 3.º ESO-A participou na actividade "Matemáticas na Raia", concurso de resolución de problemas organizado por asociacións de profesores de matemáticas de Galicia e Portugal. A característica principal desta actividade consiste no fomento do traballo colaborativo, pois os equipos son grupos - clase completos.

Incidencia da folga de estudantes (13 de abril)

A xornada de folga estudantil tivo un seguimento no día de hoxe, 13 de abril, do 95% do alumnado (3.º, 4.º ESO, Bacharelato e Educación de Adultos) do IES de Mugardos.

"Tempo de Lembranzas" nas IV Xornadas de Patrimonio

Os profesores Manuel Pousa e Gabriela Sánchez presentaron nas IV Xornadas de Patrimonio, dedicadas á memoria oral, o proxecto "Tempo de Lembranzas".

Pódese ler unha reseña da actividade na publicación Tempos de ouro.

 

 

Vídeos do proxecto

Circular sobre a folga do 13 e 14 de abril

Premio da rifa pro-excursión a Portugal

Segundo o sorteo do cupón da ONCE do día 1 de abril,  o número premiado foi o

9185

Exhibición e práctica de tenis de mesa

O alumnado de 1.º e 2.º ESO asisitiu esta mañá a unha práctica do tenis de mesa guiados por representantes do club San Xoán de Ferrol.  Ao longo da actividade, que se desenvolveu no pavillón do Cristo, puideron coñecer as características deste deporte, realizar varios exercicios de adestramento e iniciar varias partidas cos compañeiros e compañeiras.  A exhibición contou coa organización dos Concellos de Ares e Mugardos a través das súas Concellerías de Deportes.

14 de marzo (3/14): Día do número Pi

Para celebrarmos o Día do número Pi (en inglés 3/14), todos os grupos participaron na confección da cinta que a longo da rampla central do instututo recolle "só" as primeiras catrocentas cifras decimais de Pi...

Catrocentas cifras decimais do número pi na rampla central do instituto.

Actividade organizada pola Biblioteca e o departamento de Música.

English chat

Xubilación do condutor Juan Permuy, Bolita

Con motivo da súa xubilación, despedimos esta mañá ao condutor Juan Permuy, máis coñecido por todos como Bolita. El foi, hai xa 25 anos, o primeiro condutor do instituto e este venres realizou o derradeiro servizo para o IES de Mugardos na ruta que diariamente percorre o concello de Ares.

Como profesional acumula unha longa traxectoria no transporte metropolitano de Ferrolterra que de seguro o fai un dos condutores máis coñecidos e entrañables. No nome de todas as xeracións que estudaron e viñeron ao instituto con Bolita ao volante, feliz xubilación.

Condutores do transporte escolar

Programa "Escala na Escola" no suplemento El Comarcal

El Comarcal - La Voz de Galicia, edición Ferrol. Febreiro, 2016

Distribuir contido