Título node Learning object

O IES de Mugardos galardoado co Premio do Deporte Galego 2015
Ven, 15/04/2016 - 14:30
Cartel do premio

O secretario xeral para o Deporte fixo público nun acto o 14 de abril de 2016 os galardoados co Premio do Deporte Galego 2015. Como establece a convocatoria dos premios (DOG do 9 de marzo de 2016), estes galardóns recoñecen públicamente aos máis destacados axentes do ámbito deportivo galego.

De entre os premiados nas distintas modalidades, O IES de Mugardos acadou o recoñecemento como Premio Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa. O seu proxecto enmárcase na súa participación nos programas educativos da Secretaría Xeral para o Deporte do Plan Proxecta.

O vindeiro 12 de maio de 2016 realizarase o acto de entrega deste galardón no Teatro Principal de Ourense.

Ligazón ao acto de difusión dos premiados