Finalizado o proceso de reserva para o alumnado dos centros adscritos (todo o alumnado dos centros adscritos con solicitude de reserva para 1º de ESO foi admitido), ábrese o prazo do procedemento de admisión entre o 1 e o 20 de marzo, ambos os dous incluídos.
O alumnado procedente doutros centros presentará unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Dita solicitude poderá presentarse:
- De xeito telemático a través da aplicación admisionalumnado, no menú: 2. Solicitudes – 2.2 Admisión – 2.2.2 Crear
- Na secretaría do centro, en horario de 08:30 a 14:00 horas, entre os días 1 e 20 de marzo. Para axilizar os trámites, poden descargar o documento Admisión e traelo xa cuberto.
LISTADO DE VACANTES PARA O CURSO 2024-25:
CURSO | VACANTES |
1º ESO | 2 |
2º ESO | 1 |
3º ESO | 0 |
4º ESO | 6 |
1º Bac. Ciencias e Tecnoloxía | 0 |
1º Bac. Humanidades e CCSS | 0 |
2º Bac. Ciencias e Tecnoloxía | 0 |
2º Bac. Humanidaes e CCSS | 0 |
INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO, PRAZOS DE SOLICITUDE E RESOLUCIÓN: Prema AQUÍ
LEXISLACIÓN QUE REGULA A ADMISIÓN: Prema AQUÍ
- Decreto 13/2022, polo que se regula a admisión do alumnado.
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o procedemento de admisión do alumnado.
- Instrucións da DXCRH sobre o desenvolvemento do proceso de admisión para o curso académico 2024-25.