Skip to Content

Avanzando cara un renovado modelo de convivencia. CONVIVE-T

Avanzar cara un modelo de convivencia inclusivo, amable e eficaz na xestión dos conflitos. Este é obxectivo que nos propuxemos como comunidade escolar para os vindeiros cursos: reflexionar sobre o modelo de convivencia e introducir melloras de cara aos próximos meses e anos.

Como primeiro paso, o profesorado do Instituto está implicado nun grupo de traballo que consiste en reflexionar sobre o noso modelo de convivencia, dotándonos das ferramentas necesarias para implementar os cambios e melloras no modelo.

Pero ademais do grupo de traballo do profesorado está prevista para os próximos meses a implantación do proxecto do alumnado axudantecoa coordinación da noso Equipo de Orientación.

Neste sentido, o pasado luns 15 de xaneiro tiveron lugar uns obradoiros para 1º ESO sobre conflito e convivencia, que se desenvolveron posteriormente co profesorado do Instituto. Nesta primeira toma de contacto tratouse de dotar ó alumnado das ferramentas necesarias para autoxestionar os conflitos da vida cotiá mellorando as súas relacións interpersoais e a súa autoestima, entendendo o conflito como unha oportunidade de aprendizaxe e mellora das relacións.

  

Esta actividade ten a súa continuidade na formación do alumnado axudante para os primeiros cursos da ESO e destinado tamén ao profesorado coordinador e participante no proxecto.

A mellora do modelo de convivencia tamén inclúe a creación dunha escola de nais e país de alumnos/as, entre outras actuacións previstas. Todas estas actuacións formarán parte dun novo Plan de Convivencia que integra a toda a comunidade educativa.

Parte de estas actuacións enmárcase dentro do programa Convive-T do CP Inclúe, programa que ten como obxectivo aproveitar as oportunidades de mellora na convivencia no IES Coruxo.

AdxuntoTamaño
Logo CP Inclúe.png6.58 KB
Atendendo.jpeg92.02 KB
En grupos.jpeg85.36 KB
Participando.jpeg73.41 KB
Xestionando.jpeg80.94 KB


page | by Dr. Radut