Skip to Content

Blogue

SAMAGOSTO 2022

 SAMAGOSTO 

O 28 de outubro vivimos unha xornada terrorífica no IES de Carral. Dentro das múltiples actividades que se celebraron no centro, na Biblioteca estivemos ocupados con... "Tira unha historia... de medo"! creando historias arrepiantes. 

 

 

 

Para ver esta e outras actividades do Samagosto entra nestas ligazóns: 

https://sites.google.com/view/carralengalego/samagosto-2022?authuser=0 

http://bibliotecapasandopaxina.blogspot.com 

 

 

 

DÍA DAS ESCRITORAS

 DÍA DAS ESCRITORAS 

17 DE OUTUBRO '22

O pasado luns 17 de outubro celebrouse VII Edición do Día das escritoras. Este ano, baixo o lema "Antes, durante e despois das guerras", achegámonos a textos de autoras galegas que versan sobre as guerras, as súas consecuencias, sentimentos, etc. O alumnado traballou diversos textos e creou os seus propios.
 

 

 

 

Día das Letras Galegas 2022 no IES de Carral

Este ano 2022 dedícase o Día das Letras Galegas a Florencio Delgado Gurriarán. No noso centro podemos ver unha exposición sobre a obra do autor. O alumnado de 2º da ESO gravou un vídeo coa lectura dos seus textos que podedes ver con outras actividades sobre o autor no Google Sites Carralengalego na seguinte ligazón: https://sites.google.com/view/carralengalego/letras-galegas-2022-florencio-delgado-gurriar%C3%A1n

 

A seguir, podemos ver o vídeo que a profesora María José Miranda realizou con alumnado de 2º da ESO:

Os nosos parabéns a Inés Vázquez Ramallal

Desde o IES de Carral queremos dar os nosos parabéns a Inés Vázquez Ramallal, gañadora do premio Follas Novas do libro galego, pola banda deseñada Aldara. A lenda do cervo branco. Inés, que estudou no CPI Vicente Otero Valcárcel tivo a ben lembrarse da nosa excompañeira Teresa Pastor Novo, profesora de Lingua e Literatura Galegas en ambos centros. Eis nesta ligazón a entrega do premio e o discurso de Inés.  Recomendamos a lectura do libro, que destaca tanto pola calidade dos debuxos, como pola historia que conta.

 

I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE OUTONO

A seguir incluímos un vídeo para animarvos a participar no I Concurso de Fotografía do Outono do IES de Carral.

 

E lembrámosvos que podedes ver e visitar a exposición sobre cogomelos que está no vestíbulo. Tedes imaxes da mesma na galería da web do IES de Carral.

Reprodución de diapositivas - IES de Carral (xunta.gal)

 

CONCURSO "DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO. DÍGOCHO EU!"

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR NO CONCURSO DE CURTAMETRAXES "DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO. DÍGOCHO EU!"  PUBLICAMOS AS BASES E UN VÍDEO DE EXEMPLO PARA QUE VOS SIRVA DE GUÍA. PODEDES TRABALLALO NA TITORÍA E CO PROFESORADO QUE QUEIRA COLABORAR. PODEDES VER AS BASES E O VÍDEO NO GOOGLE SITES CARRALENGALEGO.

 

 

HOXE VISITA O NOSO CENTRO O DIRECTOR DE CINE XOSÉ ZAPATA

O director presenta a súa curta The monkey, preseleccionada na candidatura dos Goya de curtas de animación. Podedes ver toda a información sobre a mesma na seguinte ligazón  https://madridencorto.es/the-monkey/

SAMAÍN 2021 NO IES DE CARRAL

PARTICIPADE NOS CONCURSOS DO SAMAÑIN 2021 NO IES DE CARRAL!

 

PODEDES GAÑAR UNS ALMORZOS TERRORÍFICOS!!!

 

 https://sites.google.com/view/carralengalego/

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut